Blogia
ceipnsremedios

CONSELLOS PARA A EDUCACIÓN DOS FILLOS E FILLAS

       

ALGÚNS PRINCIPIOS BÁSICOS PARA EDUCAR BEN

  De seguido, imos enunciar algúns principios básicos que debemos seguir na educación dos nosos fillos/as: 

1. NÓS (os pais) somos os educadores, o colexio só complementa. 

2. EDUCAR BEN é ensinar a: coñece-las propias habilidades, desexar medrar, acepta-las nosas limitacións e as nosas virtudes de forma san, é ensinar a vivir. 

3. Educar ben é ENSINAR A ADAPTARSE A TÓDALAS SITUACIÓNS: BOAS E MALAS.

4. Educar NON É PROPORCIONAR EXPERIENCIAS BOAS E ILLALO DAS MALAS. É AXUDARLLE A APRENDER DELAS. 

5. Para educar ben NON EXISTEN RECEITAS, apréndese de experiencias concretas e logo se xeneraliza. 

6. Educar é unha TOMA DE DECISIÓNS CONSTANTE. 

7. As nosas decisións está moi influídas por COMO FOMOS EDUCADOS. 

8. Ser conscientes diso axuda a educar máis sensatamente. 

9. Educar ben a un fillo NON É COMPENSARLLE POLO QUE NÓS NON RECIBIMOS NA NOSA INFANCIA. “Os rapaces non nacen coas túas carencias nin necesidades, non llas crees”. 

10. Debo ser consciente do QUE ME TRANSMITIRON CANDO ME EDUCARON. 

11. Debo EDUCAR NO PRESENTE CON PERSPECTIVA DE FUTURO. 

12. UNHA MALA ACTUACIÓN AGORA PÁGASE CON CRECES NO FUTURO. 

13. NON DEBO ANGUSTIARME. Se non podo, busco axuda. 

14. Para educar ben é necesario ter SENTIDO COMÚN.

15. Moitas veces necesitaremos unha VISIÓN OBXECTIVA DENDE FÓRA. 

16. Non dubides en pedir orientación educativa aínda que o problema pareza pequeno. 

17. NON EXISTEN OS SUPERPAIS, todo aquel que che comente que a súa relación co seu fillo é perfecta, pode ser que necesita aparentar ou que non queira ve-los problemas. 

18. NADA É O MESMO para un fillo que para outro. 

19. Educar ben non é busca-las mesmas condicións para todos, senón é DAR A CADA FILLO O QUE NECESITA. Facelo así non é ser inxusto, axuda ós fillos a medrar aceptando a individualidade de cada un. 

20. Educando, VOU COMETER ERROS. 

21. NON HAI ERRO QUE NON SE EMENDE. 

22. Podo rectificar SEN PERDE-LA AUTORIDADE. 

23. Non importa o que aconteceu no pasado, SE HAI PROBLEMAS “HAI QUE COLLE-LO TOURO POLOS CORNOS”. 

24. Sé POSITIVO.Dille ó teu fillo o que che gusta e pon un límite ó que non che gusta. 

25. Un neno é unha antena parabólica constante. ENTÉRASE DE TODO, IMÍTAO TODO. O neno APRENDE MÁIS DO QUE VE QUE DO QUE DICIMOS. 

26. O maior desexo do neno é CONTROLA-LO CONTORNO. 

27. No contorno tamén estamos NÓS. Controla-las nosas reaccións fascinarálle, incluso aínda que sexa a costa de que nos enfademos con el (“mamá sempre se pon colorada cando fago isto...”).

28. O neno necesita LIBERDADE CONDUCIDA. 

29. Se nós non POÑEMOS LÍMITES á súa conducta,  farao el. 

30. NUNCA DEBO MENTIRLLE. Se o enfronto a aquelas cousas que non lle gustan pero que debe aceptar, prepároo para asumi-la realidade. 

31. SE LLE MINTO FAREINO UN INMADURO (necesitará que lle disfracémo-las cousas para aceptalas) E UN INSEGURO (se non podo fiarme dos meus pais, ¿de quen podo fiarme?). 

32. Debo explicárlle-las cousas (case sempre) e de forma breve. 

33. Ás veces os nenos necesitan un “PORQUE O DIGO EU”. 

34. Levantar castigos ou encubrir os erros soamente é SOBREPROTECCIÓN. As persoas só aprendemos dos nosos erros se vivímo-las consecuencias dos mesmos. CREAREMOS RAPACES INMADUROS INCAPACES DE ENFRONTARSE Á FRUSTRACIÓN. 

35. O MAIOR DESEXO dun neno é que papá e mamá ESTEAN PENDENTES DE EL. 

36. A atención que lle prestamos é a nosa mellor arma. QUEN SABE COMO E CANDO PRESTAR ATENCIÓN Ó SEU FILLO SABE EDUCAR. Para un neno ter claros os límites educativos é moi importante por tres motivos: 

1. Porque o axuda a entender e integra-las normas que rexen o mundo no que vive.

 2. Porque lle axuda a sentirse seguro (“Os meus pais son os que teñen que defenderme dos perigos do mundo, se eu fago con eles o que quero, ¿en que mans estou?). 

3. Porque lles axuda a “portarse ben”, a ser “mellores persoas” e, polo tanto, a ter un bo concepto de si mesmos.

     

0 comentarios