Blogia
ceipnsremedios

HORARIO DE ESTUDIO. PLANIFICACIÓN.

 

Neste apartado imos ver consellos para facer un bo horario de estudio e para planificar adecuadamente o mesmo.

1. Para poder enfrontarse ao estudio en boas condicións, o primeiro que temos que facer é planificar e elaborar un horario de estudio axeitado a nós.

2. "Un bo plan de traballo debe ser persoal, realista, flexible e con tempo para o estudio e tempo para o descanso" (Brunet).

3. Fai unha copia do horario que tes de clase e pégaa na parede do teu lugar de estudio nun lugar ben visible.

4. Fai un horario de estudio que che vaia ben. Utiliza para estudar aquelas horas nas que penses que estás máis despexado e menos cansado para poder render máis.

5. Fai un horario polo menos para unha semana, deixando momentos libres para que poidas facer algúns cambios cando sexa necesario. Este horario debes colocalo en sitio moi visible para saber o que vas facer cada día.

6. En principio, estudia de luns a venres, deixando libres os sábados e domingos. Procura que sexa sempre á mesma hora. Elixe ti a hora na que vas facelo, pero unha vez elixida debes cumprir co horario que fagas.

7. Debes tentar que o estudio sexa un hábito e divertirte estudando. Así custarache menos facelo.

8. No teu horario de estudio debes ter tempo para estudar e tempo para descansar. En xeral, por cada hora de estudio debes facer un descanso de 10 minutos. Si tes dificultades para manter a atención e a concentración na tarefa durante tanto tempo, proba a facer sesións máis curtas (30 minutos) con descansos  tamén máis curtos.

9. A duración de cada xornada de estudio vai depender das tarefas que teñas que facer.

10. Lémbrate de ter preparado todo o que che faga falta para estudar; así non terás que andar a erguerte a buscar as cousas.

11. Nos tempos de estudio concéntrate todo o que poidas, pois así lograrás un maior rendemento e non terás que pasar tempo de máis dedicado ao estudio.

12. Comeza por unha tarefa que che resulte doada, para pasar despois a outras máis difíciles. No remate de cada sesión de estudio na casa volve a realizar tarefas que requiran menos atención.

13. Non teñas prendido nin o ordenador, nin o móbil, nin videoconsolas durante o tempo de estudio. Tampouco teñas xoguetes de ningún tipo. Lémbrate de non ter na mesa nada máis que aquilo que necesitas para estudar e para facer as tarefas escolares.

14. Lémbrate de coidar moito a túa postura durante o estudio para evitar problemas físicos.

15.  No lugar de estudio debes facer, entre outras, as seguintes actividades:

  • Ø Os deberes ou tarefas sen acabar da clase.
  • Ø Repasar o explicado polo mestre/a durante a mañá.
  • Ø Estudar para os controles.
  • Ø Buscar máis información sobre o que teñas que estudar.
  • Ø Preparar os temas que se van a dar no seguinte día.
  • Ø Buscar no dicionario aquelas palabras que non entendas.
  • Ø Manter limpos e ordenados os cadernos.

16. Cambia de actividade durante cada sesión de estudio para que che sexa máis fácil manter a atención e a concentración na tarefa que estás a facer.

17. Para poder render ben no estudio hai que estar en boa forma física e mental:

  • Ø Segue unha alimentación san e axeitada.
  • Ø Durme o tempo que necesites (non menos de 8 horas).
  • Ø Practica algún deporte.
  • Ø Reláxate e concéntrate no estudio

18. Non tomes nunca bebidas estimulantes (café, té, colas con cafeína ...) pois poden facerche dano e non farán que aumentes os niveis de atención e concentración.

19. Antes de comezar a estudar, pensa seriamente no que vas facer e programa tódalas actividades que vas levar a cabo durante esa sesión de estudio.

Lembra que debes facer un horario realista e que se adapte a ti.

Ten todo o que che faga falta antes de poñerte a estudar.

Fai que o estudio sexa un hábito e unha diversión.

C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"

R/ Azorín,  s/n

36.860 PONTEAREAS

Teléfono: 986.640. 740

Fax: 986.669.972

Correo e: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es

http://ceipnsremedios.blogia.com

0 comentarios