Blogia
ceipnsremedios

A SEMANA INTERNACIONAL SEN TELEVISIÓN (23 - 29 DE ABRIL)

 

No Estado español consúmese un promedio de 3 horas e media de TV por persoa e día.

A televisión illa ás persoas e deteriora o medio ambiente ao incitar constantemente a un consumo irracional, polo que é necesario denunciar o papel que cumpre na destrución do planeta.

Que sucedería se no sitio de estar fronte ao televisor invertéramos o noso tempo en outras cousas?

Imos participar na semana internacional sen televisión (do 23 ao 29 de abril), unha oportunidade para repensar o seu papel.

Entre todos e todas imos realizar unha grande lista de cousas que podemos facer en vez pasar a tarde vendo a tele.

Ofrecemos unhas cantas, porque as ideas son infinitas...

 

  1. Vai dar un paseo pola beira do río.
  2. Aprende a tocar un instrumento musical
  3. Comeza un diario
  4. Aprende a facer pan
  5. Escribe unha carta

Anímate e aporta as túas ideas en forma de comentario, serán moi útiles para empezar a practicalas na próxima semana; a semana internacional sen televisión.

E se queres máis información sobre temas de ecoloxía, podes botar unha ollada a esta páxina onde hai máis ideas e propostas sobre esta e outras iniciativas.

http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique369

14 comentarios

Jennifer -

Xogar, ir á rúa, pasear, durmir,...

Galilea -

facendo os deberes e xogando cos irmans

André -

En vez de ver a tele báñate
no río ou anda en bici

BRYAN YESID VASQUEZ MENESES -

IR A COMPRAR EL CABLE LINK CON ANDRÉ

SAMANTHA RAMILO FLORES -

MONTAR EN BICI

Yago Mosquera Rodríguez -

Ir de paseo coas amigas e amigos a xogar

Daniel Alvarez Cano -

Xogar fòra cos amigos ao fútbol.

Daniel Ferreira Oset -

Facer os deberes

Joel -

Xogar fora ao que queira.

Agustina -

IR AO CINE COS TEUS PAIS

Andrea -

Pasear co can pola rúa

Bernardo -

Xogar a playstation cun amigo.

Victor Hugo da Silva Mota -

Estudar os deberes.
Xogar cos amigos.

Fernando -

Ir ao parque a dar un paseo.