Blogia
ceipnsremedios

2ª CONVIVENCIA DE EDUCACION INFANTIL

2ª CONVIVENCIA DE EDUCACION INFANTIL

Este xoves 21 de xuño farase a 2ª convivencia de Educación Infantil. Será unha xornada fantástica con obradoiros, xogos e outras actividades polas que irán pasando tódolos alumnos/as de E. Infantil do colexio. Participarán tamén os alumnos/as de E. Infantil das Escolas de Ribadetea e Pías que en vindeiros cursos serán alumnos e alumnas do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".

A colaboración dos pais e nais foi moi importante na elaboración dos materiais e tamén será moi importante durante a propia convivencia. O traballo do profesorado e do alumnado é fundamental tamén para que esta actividade de apertura do Colexio cara á Comunidade Educativa teña a brillantez do ano pasado.

0 comentarios