Blogia
ceipnsremedios

O LUGAR DE ESTUDIO

O LUGAR DE ESTUDIO  

Neste apartado imos tratar sobre como debe ser o lugar de estudio, que será o espazo no que fagamos as tarefas escolares e nos dediquemos a estudar.

1.  É necesario que, dende pequeno, o neno/a teña na casa un lugar de estudio. Así collerá o hábito e saberá en todo momento onde ten que face-las tarefas escolares.

2.   O lugar de estudio debe ser un sitio da casa que sexa tranquilo e sen ruídos para que non haxa distraccións.

3.  Debe haber unha boa iluminación. A luz non debe ser nin moi forte, porque así molestaríanos na vista, nin moi débil, porque así teríamos que forzar moito a vista. Tanto unha como outra rematarían danando os nosos ollos.

4.  Si é posible, debe ser un lugar onde entre luz natural suficiente. No caso de que non sexa así, debemos ter unha boa luz artificial. É aconsellable ter un flexo ou lámpada articulada.

5.  A luz debe entrar polo lado contrario ao que traballamos: si somos destros debe entrar pola esquerda e si somos zurdos pola dereita.

6.  É aconsellable empregar lámpadas azuis, porque molestan menos na vista.

7.  A temperatura do lugar de estudio debe ser agradable. Non debe ser fría, porque non permite que nos centremos no que estamos a facer , nin moi quente que nos faga ter sono e nos quite as gañas de traballar.

8.  No espazo onde se estudia non debe haber máis mobles nin máis materiais dos que nos sexan necesarios para facer o traballo. Non debe haber xoguetes, consolas ..., que nos poidan despistar.

9.  A mesa de estudio debe ser grande, sen brillo e estar á altura axeitada e, si é posible, ou ben a tapa enteira ou ben unha parte dela debe poder inclinarse para cando teñamos que ler, para que a vista se canse menos.

10.  A cadeira que usemos debe ser cómoda, pero non en exceso, pois si é demasiado cómoda pode levarnos a querer durmir en vez de a traballar. Debe ter un respaldo baixo para que poidamos estar sentados correctamente e non ter problemas coas costas. Debe poder regularse a unha altura axeitada que nos permita adoptar unha postura correcta. Debemos apoiar os pés no chan sen que os xeonllos estean moi elevados.

11.  Tamén debemos ter un pequeno andel, preto da mesa, onde poder colocar os nosos libros e materiais.

12.   A postura correcta para estudar é a seguinte:

Ø      Os pés deben estar apoiados no chan.

Ø      As pernas sen cruzar.

Ø      Os xeonllos non elevados.

Ø      As costas rectas e apoiándonos no respaldo da cadeira.

Ø      A cabeza un pouco inclinada cara adiante.

Ø      As mans apoiadas na mesa e suxeitando o papel.

13.   No lugar de estudio debe haber unha boa ventilación. De vez en cando debemos abrir as portas e ventás para que se renove o aire. O aire viciado non aporta o osíxeno necesario para que o noso cerebro funcione ben.

14.  Debemos manter sempre limpo e ordenado o lugar de estudio. Debemos facelo nós e non esperar a que no lo fagan mamá ou papá.

15.  Debemos ter a man o lapis, bolígrafos (si son necesarios), dicionarios e todo o demais material que vaiamos a ter que usar, para non erguernos a buscalo.

Lembra que debes ter un lugar para estudar cómodo, silencioso, limpo, ordenado, ben iluminado e ventilado.

Ten a man os materiais que che vaian a facer falta.

Non teñas no teu lugar de estudio xoguetes, consolas, cromos ou outros obxectos que te poidan distraer.

 

0 comentarios