Blogia
ceipnsremedios

A MEMORIA

 

A MEMORIA

QUE É A MEMORIA?

         É a capacidade que permite reter e lembrar, mediante procesos asociativos inconscientes, sensacións, ideas e conceptos previamente experimentados, así como toda a información que se aprendeu conscientemente.

         Estudos realizados parecen indicar que os recordos pódense recuperar grazas á excitación de certas neuronas. A activación dun grupo concreto de estas permite recuperar un recordo. A transmisión dos sinais eléctricos a través das neuronas ven provocada por substancias químicas chamadas neurotransmisores. Polo tanto pódese afirmar que a memoria está baseada na Química.

CANTO ALMACENAMOS?

         Sempre que traballamos diante dun ordenador, sorpréndenos a rapidez coa que opera e a súa capacidade de almacenar información. Pero o noso cerebro é tamén moi veloz e, ademais, pode acumular máis información. En termos comparativos, nosa memoria aglutina ata 10 billóns de bits, 6.781.684 gigas. Dispoñemos de máis memoria que os ordenadores!!!

ENCÁRGASE TODO O NOSO CEREBRO DE MEMORIZAR?

         Non existe unha única zoa do sistema nervioso que se corresponda exactamente coa memoria, senón que conviven varias áreas no cerebro que desempeñan un papel clave no funcionamento desta. Tales zonas son o hipocampo e algunhas partes da cortiza cerebral.

         Facer un uso intenso da memoria amplía a capacidade do hipocampo

         A principal función do hipocampo é a consolidación da memoria e a aprendizaxe. Unha lesión nesta zoa do cerebro produce amnesia, afectando a lembranzas específicas. Aínda así, non repercute na aprendizaxe de novas capacidades ou habilidades. Por exemplo, unha persoa podería aprender a montar en bicicleta logo da lesión, pero podería non lembraría ver nunca unha bicicleta.

SABÍAS QUE A NOSA MEMORIA ALCANZA A SÚA PLENITUDE AOS 36 ANOS?

         Os psicólogos subliñan a importancia de manter unha vida intelectual activa, durante e despois da nosa vida laboral. Así a afección cara á literatura, a música, o teatro ou o cine defende o noso cerebro do deterioro e o protexe contra enfermidades coma a do Alzheimer, cuxo primeiro síntoma se manifesta, precisamente, pola perda de memoria.

OS SENTIDOS

         Algunha vez pensaches como sería a nosa vida se careceramos dun só dos nosos sentidos? Imaxina que non tes, por exemplo, olfacto. Que ocorrería? Todo sería radicalmente distinto.

         Moitas veces, antes de entrar na casa, nunha pastelería ou nun restaurante, recoñecemos que é o que se está cociñando, ou cando paseamos por un parque ou polo campo, recoñecemos de lonxe o recendo dunha flor, se hai preto abono ou unha fábrica. Ese cheiro, ademais, evócanos automaticamente a imaxe que ese recordo nos trae dese cheiro, porque o lembramos dunha impresión anterior e está almacenado na nosa memoria.

        Rara vez, ao cheirar unha rosa crearás no teu cerebro a imaxe dun xeranio. Pero, por que? Porque o xeito máis eficaz de recibir e recompilar información é usar todos os nosos sentidos en harmonía.

ACTIVIDADE

PODES LEMBRAR A QUE CHEIRA UNHA ROSA?

Igual que cando probas un caramelo vermello e levas a sorpresa de que non soubera a amorodo, intenta asociar cores a sabores ou sensacións e escríbeo; poderás comprobar como non todos sentimos o mesmo.

 

         A nosa memoria procesa a información que recibe de cada un dos nosos sentidos de forma diferente. Incluso en moitas ocasións, as apreciacións que temos dun son, imaxe ou un sabor dependen moito da información aportada por outro sentido diferente ou ata dalgunha sensación ou lembranza asociada á mesma.

LEMBRAR QUE É COHERENTE

         Lembras como aprendiches a camiñar ou falar? E a ler? O proceso é sinxelo: aprendemos a aprender e, a partir deses primeiros pasos, consolidamos o aprendido. Un exemplo moi claro é como asimilamos a lectura.

         A partir de debuxos de obxectos coñecidos aprendíamos as letras e as sílabas. Dese xeito, asociábamos o obxecto ao son e ao seu significado.

         Esa é a particularidade deste proceso de aprendizaxe e memorización, onde a capacidade de lembrar se atopa en asociar feitos, experiencias ou obxectos coñecidos polo individuo. Isto posibilita que a retención de información sexa máis duradeira, dando lugar a novas aprendizaxes interrelacionadas e cambios máis intensos, que continuarán, incluso, despois de que os detalles concretos sexan esquecidos.

ACTIVIDADE

Cada un ten recursos para memorizar aquelas cousas que máis nos custan. Seguro que ti tamén utilizas os teus propios mecanismos.

Lembras algún?

ESQUECENDO

         A quen non lle ten pasado? Ao cabo dunha semana de preparar e realizar un exame importantísimo, e tras estar dous meses estudando, apenas lembra aspectos daquel.

         Simplemente, é porque o aprendeu para esquecer unha vez cumprido o cometido do seu destino. A isto tamén se lle chama esvaecemento da información por falta de uso do aprendido.

ACTIVIDADE

           Poderías lembrar que é o que comiche ou ceaches fai dúas semanas ou que roupa levabas a semana pasada?

 

0 comentarios