POSTAIS DE NADAL
Aquí están as postais elaboradas polo alumnado de 1º B
Aquí están as postais elaboradas polo alumnado de 1º B
Aquí están as postais elaboradas polos alumnos e alumnas de 1º A
Dentro deste blog do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" a partires de agora incluímos un novo tema: ESCOLA DE FAMILIA. Dentro deste apartado pouco a pouco iremos poñendo artigos que son de interese para as familias, referidos na súa maioría á educación dos nenos e nenas.
No apartado de enlaces incluiremos enlaces a páxinas webs que nos parezan interesantes para que as familias poidan acceder á información que hai en Internet sobre este tema.
Se queredes que se trate algún tema en concreto, podedes enviar un comentario a este artigo e tentaremos cumprir as vosas peticións.
Neste apartado imos ver consellos para facer un bo horario de estudio e para planificar adecuadamente o mesmo.
1. Para poder enfrontarse ao estudio en boas condicións, o primeiro que temos que facer é planificar e elaborar un horario de estudio axeitado a nós.
2. "Un bo plan de traballo debe ser persoal, realista, flexible e con tempo para o estudio e tempo para o descanso" (Brunet).
3. Fai unha copia do horario que tes de clase e pégaa na parede do teu lugar de estudio nun lugar ben visible.
4. Fai un horario de estudio que che vaia ben. Utiliza para estudar aquelas horas nas que penses que estás máis despexado e menos cansado para poder render máis.
5. Fai un horario polo menos para unha semana, deixando momentos libres para que poidas facer algúns cambios cando sexa necesario. Este horario debes colocalo en sitio moi visible para saber o que vas facer cada día.
6. En principio, estudia de luns a venres, deixando libres os sábados e domingos. Procura que sexa sempre á mesma hora. Elixe ti a hora na que vas facelo, pero unha vez elixida debes cumprir co horario que fagas.
7. Debes tentar que o estudio sexa un hábito e divertirte estudando. Así custarache menos facelo.
8. No teu horario de estudio debes ter tempo para estudar e tempo para descansar. En xeral, por cada hora de estudio debes facer un descanso de 10 minutos. Si tes dificultades para manter a atención e a concentración na tarefa durante tanto tempo, proba a facer sesións máis curtas (30 minutos) con descansos tamén máis curtos.
9. A duración de cada xornada de estudio vai depender das tarefas que teñas que facer.
10. Lémbrate de ter preparado todo o que che faga falta para estudar; así non terás que andar a erguerte a buscar as cousas.
11. Nos tempos de estudio concéntrate todo o que poidas, pois así lograrás un maior rendemento e non terás que pasar tempo de máis dedicado ao estudio.
12. Comeza por unha tarefa que che resulte doada, para pasar despois a outras máis difíciles. No remate de cada sesión de estudio na casa volve a realizar tarefas que requiran menos atención.
13. Non teñas prendido nin o ordenador, nin o móbil, nin videoconsolas durante o tempo de estudio. Tampouco teñas xoguetes de ningún tipo. Lémbrate de non ter na mesa nada máis que aquilo que necesitas para estudar e para facer as tarefas escolares.
14. Lémbrate de coidar moito a túa postura durante o estudio para evitar problemas físicos.
15. No lugar de estudio debes facer, entre outras, as seguintes actividades:
16. Cambia de actividade durante cada sesión de estudio para que che sexa máis fácil manter a atención e a concentración na tarefa que estás a facer.
17. Para poder render ben no estudio hai que estar en boa forma física e mental:
18. Non tomes nunca bebidas estimulantes (café, té, colas con cafeína ...) pois poden facerche dano e non farán que aumentes os niveis de atención e concentración.
19. Antes de comezar a estudar, pensa seriamente no que vas facer e programa tódalas actividades que vas levar a cabo durante esa sesión de estudio.
Lembra que debes facer un horario realista e que se adapte a ti.
Ten todo o que che faga falta antes de poñerte a estudar.
Fai que o estudio sexa un hábito e unha diversión.
R/ Azorín, s/n
36.860 PONTEAREAS
Teléfono: 986.640. 740
Fax: 986.669.972
Correo e: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es
http://ceipnsremedios.blogia.com
Neste apartado imos tratar sobre como debe ser o lugar de estudio, que será o espazo no que fagamos as tarefas escolares e nos dediquemos a estudar.
1. É necesario que, dende pequeno, o neno/a teña na casa un lugar de estudio. Así collerá o hábito e saberá en todo momento onde ten que face-las tarefas escolares.
2. O lugar de estudio debe ser un sitio da casa que sexa tranquilo e sen ruídos para que non haxa distraccións.
3. Debe haber unha boa iluminación. A luz non debe ser nin moi forte, porque así molestaríanos na vista, nin moi débil, porque así teríamos que forzar moito a vista. Tanto unha como outra rematarían danando os nosos ollos.
4. Si é posible, debe ser un lugar onde entre luz natural suficiente. No caso de que non sexa así, debemos ter unha boa luz artificial. É aconsellable ter un flexo ou lámpada articulada.
5. A luz debe entrar polo lado contrario ao que traballamos: si somos destros debe entrar pola esquerda e si somos zurdos pola dereita.
6. É aconsellable empregar lámpadas azuis, porque molestan menos na vista.
7. A temperatura do lugar de estudio debe ser agradable. Non debe ser fría, porque non permite que nos centremos no que estamos a facer , nin moi quente que nos faga ter sono e nos quite as gañas de traballar.
8. No espazo onde se estudia non debe haber máis mobles nin máis materiais dos que nos sexan necesarios para facer o traballo. Non debe haber xoguetes, consolas ..., que nos poidan despistar.
9. A mesa de estudio debe ser grande, sen brillo e estar á altura axeitada e, si é posible, ou ben a tapa enteira ou ben unha parte dela debe poder inclinarse para cando teñamos que ler, para que a vista se canse menos.
10. A cadeira que usemos debe ser cómoda, pero non en exceso, pois si é demasiado cómoda pode levarnos a querer durmir en vez de a traballar. Debe ter un respaldo baixo para que poidamos estar sentados correctamente e non ter problemas coas costas. Debe poder regularse a unha altura axeitada que nos permita adoptar unha postura correcta. Debemos apoiar os pés no chan sen que os xeonllos estean moi elevados.
11. Tamén debemos ter un pequeno andel, preto da mesa, onde poder colocar os nosos libros e materiais.
12. A postura correcta para estudar é a seguinte:
Ø Os pés deben estar apoiados no chan.
Ø As pernas sen cruzar.
Ø Os xeonllos non elevados.
Ø As costas rectas e apoiándonos no respaldo da cadeira.
Ø A cabeza un pouco inclinada cara adiante.
Ø As mans apoiadas na mesa e suxeitando o papel.
13. No lugar de estudio debe haber unha boa ventilación. De vez en cando debemos abrir as portas e ventás para que se renove o aire. O aire viciado non aporta o osíxeno necesario para que o noso cerebro funcione ben.
14. Debemos manter sempre limpo e ordenado o lugar de estudio. Debemos facelo nós e non esperar a que no lo fagan mamá ou papá.
15. Debemos ter a man o lapis, bolígrafos (si son necesarios), dicionarios e todo o demais material que vaiamos a ter que usar, para non erguernos a buscalo.
Lembra que debes ter un lugar para estudar cómodo, silencioso, limpo, ordenado, ben iluminado e ventilado.
Ten a man os materiais que che vaian a facer falta.
Non teñas no teu lugar de estudio xoguetes, consolas, cromos ou outros obxectos que te poidan distraer.
Este venres 27 de outubro de 2006 o alumnado de E. Primaria festexa a celebración do Magosto. Primeiro fanse uns xogos populares polos que van rotando tódalas clases e despois prendémo-la fogueira co bullo para asar as castañas.
O CEIP "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" conta para este curso 2006-07 cun Plan de mellora da calidade da educación aprobado pola Consellería de Educación. Con este plan pretendemos seguir mellorando a tódolos niveis a nosa labor educativa, esperando que haxa unha grande implicación por parte de toda a nosa Comunidade escolar: alumnado, familias e profesorado.
Este mércores 25 de outubro a partires das 16.00 horas comezan as clases de acompañamento do Programa PROA no noso colexio. Será o grupo de alumnos e alumnas de 6º o que acuda neste primeiro día ao colexio. O xoves comezará o grupo de 5º.
ALGÚNS PRINCIPIOS BÁSICOS PARA EDUCAR BEN
De seguido, imos enunciar algúns principios básicos que debemos seguir na educación dos nosos fillos/as:
1. NÓS (os pais) somos os educadores, o colexio só complementa.
2. EDUCAR BEN é ensinar a: coñece-las propias habilidades, desexar medrar, acepta-las nosas limitacións e as nosas virtudes de forma san, é ensinar a vivir.
3. Educar ben é ENSINAR A ADAPTARSE A TÓDALAS SITUACIÓNS: BOAS E MALAS.
4. Educar NON É PROPORCIONAR EXPERIENCIAS BOAS E ILLALO DAS MALAS. É AXUDARLLE A APRENDER DELAS.
5. Para educar ben NON EXISTEN RECEITAS, apréndese de experiencias concretas e logo se xeneraliza.
6. Educar é unha TOMA DE DECISIÓNS CONSTANTE.
7. As nosas decisións está moi influídas por COMO FOMOS EDUCADOS.
8. Ser conscientes diso axuda a educar máis sensatamente.
9. Educar ben a un fillo NON É COMPENSARLLE POLO QUE NÓS NON RECIBIMOS NA NOSA INFANCIA. “Os rapaces non nacen coas túas carencias nin necesidades, non llas crees”.
10. Debo ser consciente do QUE ME TRANSMITIRON CANDO ME EDUCARON.
11. Debo EDUCAR NO PRESENTE CON PERSPECTIVA DE FUTURO.
12. UNHA MALA ACTUACIÓN AGORA PÁGASE CON CRECES NO FUTURO.
13. NON DEBO ANGUSTIARME. Se non podo, busco axuda.
14. Para educar ben é necesario ter SENTIDO COMÚN.
15. Moitas veces necesitaremos unha VISIÓN OBXECTIVA DENDE FÓRA.
16. Non dubides en pedir orientación educativa aínda que o problema pareza pequeno.
17. NON EXISTEN OS SUPERPAIS, todo aquel que che comente que a súa relación co seu fillo é perfecta, pode ser que necesita aparentar ou que non queira ve-los problemas.
18. NADA É O MESMO para un fillo que para outro.
19. Educar ben non é busca-las mesmas condicións para todos, senón é DAR A CADA FILLO O QUE NECESITA. Facelo así non é ser inxusto, axuda ós fillos a medrar aceptando a individualidade de cada un.
20. Educando, VOU COMETER ERROS.
21. NON HAI ERRO QUE NON SE EMENDE.
22. Podo rectificar SEN PERDE-LA AUTORIDADE.
23. Non importa o que aconteceu no pasado, SE HAI PROBLEMAS “HAI QUE COLLE-LO TOURO POLOS CORNOS”.
24. Sé POSITIVO.Dille ó teu fillo o que che gusta e pon un límite ó que non che gusta.
25. Un neno é unha antena parabólica constante. ENTÉRASE DE TODO, IMÍTAO TODO. O neno APRENDE MÁIS DO QUE VE QUE DO QUE DICIMOS.
26. O maior desexo do neno é CONTROLA-LO CONTORNO.
27. No contorno tamén estamos NÓS. Controla-las nosas reaccións fascinarálle, incluso aínda que sexa a costa de que nos enfademos con el (“mamá sempre se pon colorada cando fago isto...”).
28. O neno necesita LIBERDADE CONDUCIDA.
29. Se nós non POÑEMOS LÍMITES á súa conducta, farao el.
30. NUNCA DEBO MENTIRLLE. Se o enfronto a aquelas cousas que non lle gustan pero que debe aceptar, prepároo para asumi-la realidade.
31. SE LLE MINTO FAREINO UN INMADURO (necesitará que lle disfracémo-las cousas para aceptalas) E UN INSEGURO (se non podo fiarme dos meus pais, ¿de quen podo fiarme?).
32. Debo explicárlle-las cousas (case sempre) e de forma breve.
33. Ás veces os nenos necesitan un “PORQUE O DIGO EU”.
34. Levantar castigos ou encubrir os erros soamente é SOBREPROTECCIÓN. As persoas só aprendemos dos nosos erros se vivímo-las consecuencias dos mesmos. CREAREMOS RAPACES INMADUROS INCAPACES DE ENFRONTARSE Á FRUSTRACIÓN.
35. O MAIOR DESEXO dun neno é que papá e mamá ESTEAN PENDENTES DE EL.
36. A atención que lle prestamos é a nosa mellor arma. QUEN SABE COMO E CANDO PRESTAR ATENCIÓN Ó SEU FILLO SABE EDUCAR. Para un neno ter claros os límites educativos é moi importante por tres motivos:
1. Porque o axuda a entender e integra-las normas que rexen o mundo no que vive.
2. Porque lle axuda a sentirse seguro (“Os meus pais son os que teñen que defenderme dos perigos do mundo, se eu fago con eles o que quero, ¿en que mans estou?).
3. Porque lles axuda a “portarse ben”, a ser “mellores persoas” e, polo tanto, a ter un bo concepto de si mesmos.
Con este Blog, o C.E.I.P. "A Nosa Señora dos Remedios" comeza a súa andaina en Internet. Pouco a pouco irán aparecendo novas informacións que esperamos sexan de utilidade para todos/as. Apostamos fortemente pola introdución das novas tecnoloxías no ensino.