O DÍA DO LIBRO NO COLEXIO
Este ano, co gallo do Día do Libro, promovida dende o Seminario de Educación Intercultural, estivéronse traballando varias lendas de países de orixe dos nosos alumnos/as.
Logo de traballarse cada lenda nun grupo, cadaquén foi expoñendo a súa lenda aos outros grupos do seu nivel na Biblioteca.
Houbo utilización ampla das novas tecnoloxías para expoñer a lenda.
O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" deséxavos a todos e todas que teñades unhas boas festas de Nadal e que o ano 2007 sexa polo menos tan bo como este 2006.
Nesta imaxe aparece un dos traballos que decoran as paredes do Colexio neste Nadal.
Nestas datas no Colexio facemos traballos para que o noso cole teña un aspecto máis divertido. Por exemplo, temos feito un Nacemento aproveitando refugallos que quedou moi bonito.