Blogia

ceipnsremedios

PAÍSES E CAPITAIS

PAÍSES E CAPITAIS

CALES SON AS CAPITAIS DE...
A. Bélxica
B. Dinamarca
C. España
D. Italia
E. Grecia
F. Suecia
G. Luxemburgo
H. Francia
I. Portugal
J. Hungría
K. Reino Unido
L. Austria

Escribe as túas respostas como comentario

Para saber máis sobre Europa recomendamos este enlace:
http://www.eneuropa-asisomos.com/
Se queres xogar aprendendo cousas do noso continente preme neste enlace e disfruta
http://europa.eu/europago/welcome.jsp

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

QUE É O DÍA DE EUROPA?
O 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria nun momento sumamente difícil: existía a amenaza dunha terceira guerra mundial.
Ese día, en París, mandouse reunir a tódolos membros de comunicación ás 6 da tarde, no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores, para realizar un anuncio moi importante. O Ministro francés, Robert Schuman, comenzou a ler a Declaración que propuña crear unha institución europea supranacional encargada de administrar dúas materias primas: o carbón e o aceiro (materiais que eran a base das potencias militares) e establecer os cimentos concretos dunha federación europea indispensable para o mantemento da paz.
Todo empezou ese 9 de maio e por iso, na Cume de Milán de 1985, os xefes de Estado e do goberno decidiron declarar ese día como o “Día de Europa”

QUE FAI A UNIÓN EUROPEA?
A Unión Europea promove, mediante o establecemento dun mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas dos Estado membros, un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas no conxunto da comunidade, unha expansión continua e equilibrada, unha estabilidade creciente, unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados que a integran.

QUE PAISES SE UNIRON?
O 13 de decembro de 2002 iniciouse unha das etapas máis importantes da historia europea ao decidir a adhesión de dez novos países á Unión Europea a partir do 1 de maio de 2004.

Saberías decir cales foron eses dez países?
Como axuda aquí tes a primeira e última letra dos seus nomes e as súas capitais...
Contesta en forma de comentario.

1. R_______A C___A: Praga
2. C____E: Nicosia
3. E________A: Bratislava
4. E_______A: Liubliana
5. E_____A: Tallin
6. H_____A: Budapest
7. L_____A: Riga
8. L______A: Vilnius
9. M___A: Valetta
10. P_____A: Varsovia

GUÍA DE AXUDA PARA AS FAMILIAS SOBRE O USO DOS MÓBILES, INTERNET E TELEVISIÓN

Na web http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=1542 aparece unha interesante Guía de axuda para as familias con consellos para o uso axeitado dos móbiles, Internet e Televisión por parte dos fillos e fillas. Hai consellos moi útiles.

A MEMORIA

 

A MEMORIA

QUE É A MEMORIA?

         É a capacidade que permite reter e lembrar, mediante procesos asociativos inconscientes, sensacións, ideas e conceptos previamente experimentados, así como toda a información que se aprendeu conscientemente.

         Estudos realizados parecen indicar que os recordos pódense recuperar grazas á excitación de certas neuronas. A activación dun grupo concreto de estas permite recuperar un recordo. A transmisión dos sinais eléctricos a través das neuronas ven provocada por substancias químicas chamadas neurotransmisores. Polo tanto pódese afirmar que a memoria está baseada na Química.

CANTO ALMACENAMOS?

         Sempre que traballamos diante dun ordenador, sorpréndenos a rapidez coa que opera e a súa capacidade de almacenar información. Pero o noso cerebro é tamén moi veloz e, ademais, pode acumular máis información. En termos comparativos, nosa memoria aglutina ata 10 billóns de bits, 6.781.684 gigas. Dispoñemos de máis memoria que os ordenadores!!!

ENCÁRGASE TODO O NOSO CEREBRO DE MEMORIZAR?

         Non existe unha única zoa do sistema nervioso que se corresponda exactamente coa memoria, senón que conviven varias áreas no cerebro que desempeñan un papel clave no funcionamento desta. Tales zonas son o hipocampo e algunhas partes da cortiza cerebral.

         Facer un uso intenso da memoria amplía a capacidade do hipocampo

         A principal función do hipocampo é a consolidación da memoria e a aprendizaxe. Unha lesión nesta zoa do cerebro produce amnesia, afectando a lembranzas específicas. Aínda así, non repercute na aprendizaxe de novas capacidades ou habilidades. Por exemplo, unha persoa podería aprender a montar en bicicleta logo da lesión, pero podería non lembraría ver nunca unha bicicleta.

SABÍAS QUE A NOSA MEMORIA ALCANZA A SÚA PLENITUDE AOS 36 ANOS?

         Os psicólogos subliñan a importancia de manter unha vida intelectual activa, durante e despois da nosa vida laboral. Así a afección cara á literatura, a música, o teatro ou o cine defende o noso cerebro do deterioro e o protexe contra enfermidades coma a do Alzheimer, cuxo primeiro síntoma se manifesta, precisamente, pola perda de memoria.

OS SENTIDOS

         Algunha vez pensaches como sería a nosa vida se careceramos dun só dos nosos sentidos? Imaxina que non tes, por exemplo, olfacto. Que ocorrería? Todo sería radicalmente distinto.

         Moitas veces, antes de entrar na casa, nunha pastelería ou nun restaurante, recoñecemos que é o que se está cociñando, ou cando paseamos por un parque ou polo campo, recoñecemos de lonxe o recendo dunha flor, se hai preto abono ou unha fábrica. Ese cheiro, ademais, evócanos automaticamente a imaxe que ese recordo nos trae dese cheiro, porque o lembramos dunha impresión anterior e está almacenado na nosa memoria.

        Rara vez, ao cheirar unha rosa crearás no teu cerebro a imaxe dun xeranio. Pero, por que? Porque o xeito máis eficaz de recibir e recompilar información é usar todos os nosos sentidos en harmonía.

ACTIVIDADE

PODES LEMBRAR A QUE CHEIRA UNHA ROSA?

Igual que cando probas un caramelo vermello e levas a sorpresa de que non soubera a amorodo, intenta asociar cores a sabores ou sensacións e escríbeo; poderás comprobar como non todos sentimos o mesmo.

 

         A nosa memoria procesa a información que recibe de cada un dos nosos sentidos de forma diferente. Incluso en moitas ocasións, as apreciacións que temos dun son, imaxe ou un sabor dependen moito da información aportada por outro sentido diferente ou ata dalgunha sensación ou lembranza asociada á mesma.

LEMBRAR QUE É COHERENTE

         Lembras como aprendiches a camiñar ou falar? E a ler? O proceso é sinxelo: aprendemos a aprender e, a partir deses primeiros pasos, consolidamos o aprendido. Un exemplo moi claro é como asimilamos a lectura.

         A partir de debuxos de obxectos coñecidos aprendíamos as letras e as sílabas. Dese xeito, asociábamos o obxecto ao son e ao seu significado.

         Esa é a particularidade deste proceso de aprendizaxe e memorización, onde a capacidade de lembrar se atopa en asociar feitos, experiencias ou obxectos coñecidos polo individuo. Isto posibilita que a retención de información sexa máis duradeira, dando lugar a novas aprendizaxes interrelacionadas e cambios máis intensos, que continuarán, incluso, despois de que os detalles concretos sexan esquecidos.

ACTIVIDADE

Cada un ten recursos para memorizar aquelas cousas que máis nos custan. Seguro que ti tamén utilizas os teus propios mecanismos.

Lembras algún?

ESQUECENDO

         A quen non lle ten pasado? Ao cabo dunha semana de preparar e realizar un exame importantísimo, e tras estar dous meses estudando, apenas lembra aspectos daquel.

         Simplemente, é porque o aprendeu para esquecer unha vez cumprido o cometido do seu destino. A isto tamén se lle chama esvaecemento da información por falta de uso do aprendido.

ACTIVIDADE

           Poderías lembrar que é o que comiche ou ceaches fai dúas semanas ou que roupa levabas a semana pasada?

 

A SEMANA INTERNACIONAL SEN TELEVISIÓN (23 - 29 DE ABRIL)

 

No Estado español consúmese un promedio de 3 horas e media de TV por persoa e día.

A televisión illa ás persoas e deteriora o medio ambiente ao incitar constantemente a un consumo irracional, polo que é necesario denunciar o papel que cumpre na destrución do planeta.

Que sucedería se no sitio de estar fronte ao televisor invertéramos o noso tempo en outras cousas?

Imos participar na semana internacional sen televisión (do 23 ao 29 de abril), unha oportunidade para repensar o seu papel.

Entre todos e todas imos realizar unha grande lista de cousas que podemos facer en vez pasar a tarde vendo a tele.

Ofrecemos unhas cantas, porque as ideas son infinitas...

 

  1. Vai dar un paseo pola beira do río.
  2. Aprende a tocar un instrumento musical
  3. Comeza un diario
  4. Aprende a facer pan
  5. Escribe unha carta

Anímate e aporta as túas ideas en forma de comentario, serán moi útiles para empezar a practicalas na próxima semana; a semana internacional sen televisión.

E se queres máis información sobre temas de ecoloxía, podes botar unha ollada a esta páxina onde hai máis ideas e propostas sobre esta e outras iniciativas.

http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique369

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

O 23 de Abril de cada ano celébrase de xeito internacional o Día do Libro.

Dende o blog do cole queremos invitarvos a participar nunha actividade relacionada cos libros e o uso que facemos deles.

Trátase de elaborar entre todos e todas un catálogo de leis sobre o libro.

A ver; intenta poñerte por un intre no sitio dun libro, dun calquera, todos serven,... que lle pedirías aos teus lectores?

Como exemplo poñemos a primeira das leis.

  • I. Trátame ben e eu axudareite a ser feliz.

Engade as túas ideas en forma de comentario.

¿POR QUE SE REGALA UNHA ROSA NO DÍA DO LIBRO?

Le con atención este texto:

Lenda de San Xurxo e o Dragón

    Conta a lenda, que hai moito, moito  tempo, vivía un terrible dragón, que martirizaba e aterrorizaba a toda unha rexión. Entre tantas cousas que facía, incendiaba as casas e pedía que lle entregaran dous carneiros por día para calmar a súa fame.
    Seguiron as cousas así durante algún tempo, pero foron tantos os carneiros ofrecidos ao dragón que chegaron a esgotarse e non se atopaba medio de proveer os necesarios. Entón, os habitantes acordaron que diariamente se lle entregarían unha persoa e un animal.
    Así se foi cumprindo a decisión, tendo coidado de que ningunha familia se librara do sacrificio.
    Un día a "sorte" posouse na filla do rei para ser devorada, polo que o rei angustiouse moitísimo e ofreceu todo o seu ouro, a súa prata e a metade do seu reino para que se liberase á súa filla desa morte tan cruel.
    Nada desto foi tan poderoso coma a decisión tomada polo pobo como resultado das esixencias do dragón.
    A princesa cubriuse con vestiduras reais e logo de ser despedida polo seu pai dirixiuse ao lago de donde saldría o monstruo para devorala.
    Un cabaleiro, que pasaba por alí, viuna chorando e acercouse preguntándolle que lle sucedía.
    A doncela imploroulle que se fora de alí, que un terrible monstruo saldría da auga e o devoraría ao instante. Pero o cabaleiro, montou a cabalo, avanzou hacia o dragón e cargou sobre el intrepidamente, fundindo a súa lanza con tanta forza que o derribou.
    Di a lenda, que do sangue derramado sobre a terra, as bágoas da princesa e polo amor de Xurxo hacia ela, froreceron rosas vermellas por aquelas terras desérticas.
    O dragón, símbolo de violencia e ignorancia, foi vencido por San Xurxo.
    A partir desta lenda, se celebra tradicionalmente o Día del libro e da Rosa, que harmoniza a cultura coa beleza, a intelixencia co afecto, o permanente co efímero.
    A UNESCO decidiu declarar, a partir de 1996, o 23 de abril Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

RESPONDE:

¿Que parroquia de Ponteareas celebra a Festa de San Xurxo?

O PESO DAS MOCHILAS

É este un tema que preocupa a moitas familias. É moi importante facer unha labor de prevención dende as idades máis temperás para evitar que aparezan problemas de costas no futuro. Queremos introducir a debate este tema, polo que desexamos que nos enviedes comentarios coas vosas opinións sobre o mesmo. Na páxina http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2004/10/07/110019.php, da revista consumer.es eroski saúde, hai un artigo interesante sobre este tema.

GAÑADORES/AS DO XOGO SEGUE AS PEGADAS 10

Neste xogo feito ata o 21 de marzo a solución era: Os mástiles das bandeiras e resultaron gañadores/as os seguintes alumnos e alumnas:

DETECTIVES:    Jéssica Táboas Vázquez  5º B

                        Breixo Portas Vilas  5º B

                        Elisabeth Jiménez Jiménez  5º B

 

AXUDANTES DE

DETECTIVES:   Silvia Guisado Ruibal 3º B

                        Verónica Vázquez Pumeda 3º B

                        Sara Méndez Amil  3º B

¡¡¡SEGUIDE XOGANDO!!!

QUE QUERES SER DE MAIOR?

Engade un comentario contando

que queres ser de maior,

como queres que sexa o teu traballo,

por que esa decisión e non outra, 

dende cando o sabes,...

Comparte con nós as túas ilusións de futuro!!!

 

O MÉTODO DE ESTUDIO II: COMO FACER UN CONTROL

O MÉTODO DE ESTUDIO II: COMO FACER UN CONTROL

Xa está publicado na web do colexio un novo documento do Programa de Técnicas de Estudio.

ORDEA OS APELIDOS

Ordea os apelidos destas galegas ilustres; seguro que escoitaches falar sobre elas.

Saberías dicir a que se dedicaron?

1. Concepción   AELARN             

2. María            CSARASE

3. Rosalía de    CTRASO

4. Maruja         MLALO

5. María            PTAI

 Podes contestar á pregunta facendo un comentario no formulario de abaixo.

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

O 8 de Marzo ten lugar unha celebración universal, unha reinvindicación social, unha rememoración necesaria.

Dende o Colexio queremos achegar, facer cercanas e presentes aquelas historias de mulleres que non deben permanecer no olvido.

A nosa sociedade está chea de modelos de mulleres excepcionais con talentos extraordinarios, non temos máis que botar unha ollada ás nosas nais e avoas,... Intentemos que estes modelos sexan bos exemplos a seguir; se cabe os mellores,  tendo en conta as súas vidas e traballos, as súas inquedanzas e ilusións.

Non cabe destacar só as galegas ilustres, invitamos a todos e todas a compartir as lembranzas de mulleres non famosas pero sí imprescindibles nas nosas vidas; que sirvan así de homenaxe á súa labor e de exemplo para as novas xeracións.

Enche o formulario para comentarios que hai debaixo deste artigo cunha historia de mulleres do teu entorno que destacan pola súa labor na vida.

GAÑADORAS DO XOGO 7 DO CONCURSO SEGUE AS PEGADAS

GAÑADORAS DO XOGO 7 DO CONCURSO SEGUE AS PEGADAS

Do 1 ao 5 de marzo fixemos o xogo 7 do Concurso "Segue as pegadas". Os resultados son estes:

SOLUCIÓN: O letreiro do cole que hai no edificio de Infantil.

DETECTIVES:  Sheila Guille Bugarín  5º B

                       Carla Martínez Estévez  5º B

AXUDANTES DE DETECTIVES: Martín Rodríguez Ledo  4º B

                                              Florencia Malgieri  4º A

                                             Milagros Alonso Gómez 4º A

                                            Beatriz Alonso Cal  4º A

                                            Ángela Carrera Amoedo 4º A

GAÑADORES/AS DO XOGO SEGUE AS PEGADAS 5 -SEMANA DO 21 AO 26 DE FEBREIRO

GAÑADORES/AS DO XOGO SEGUE AS PEGADAS 5 -SEMANA DO 21 AO 26 DE FEBREIRO

Nesta semana do 21 ao 26 de febreiro fixemos o xogo 5 do concurso segue as pegadas para o alumnado do colexio. Os resultados son:

SOLUCIÓN: A pandereta

AXUDANTES DE DETECTIVES:     Cristian Pérez Gándara  3º C

                                                  Andrea Sabino Rodríguez   3º C

                                                  Beatriz Lorrana Rodrigues Reis   3º C

                                                  Milagros Alonso Gómez    4º A

                                                  Florencia Malgieri   4º A

                                                  Ainhoa Marcos Alonso   4º A 

 

Felicidades a todos e todas.

SEGUIDE XOGANDO!!!! 

O MISTERIO

Atención!!!

Os alumnos e alumnas do Proa de 6º andan moi preocupados. Están investigando o misterio agochado nesta frase:

 O eco no ceo

Se eres capaz de atopar resposta a este misterio, colabora cos teus compañeiros e compañeiras aportando a túa resposta. Envía un comentario a este artigo e iremos comprobando os acertos.

Estamos esperando a túa participación.

E

GAÑADORAS DO XOGO: SEGUE AS PEGADAS (12 ao 16 FEBREIRO)

GAÑADORAS DO XOGO: SEGUE AS PEGADAS (12 ao 16 FEBREIRO)

Na semana do 12 ao 16 de febreiro fíxose o 4º xogo. A resposta correcta é: O rego do campo de fútbol. As gañadoras son:

DETECTIVES: Beatriz Mª Puga González 5º B

                     Jessica Táboas Vázquez 5º B

                     Mª Ángeles Pedreira San Jurgo 5º B

 

AXUDANTES DE DETECTIVES:     Lucía Fernández Fernández  2º C

                                                  Brenda Soto González 2º C

                                                  Lara Rodríguez Rodríguez 2º C

                                                  Nerea Vilas Pumares  2º C

¡XA TEMOS OUTRO XOGO EN MARCHA!

SEGUE AS PEGADAS!!!!!!!!! 

¡¡¡XA TEMOS PÁXINA WEB NO COLEXIO!!!

Nestes días estamos poñendo en marcha a páxina web do colexio: http://centros.edu.xunta.es/ceipnosasenoradosremedios

Esta web está construída dende a Consellería de Educación, dentro do Proxecto Webs dinámicas, e ofrece unhas posibilidades enormes. Está feita con software gratuíto.

Pouco a pouco iremos completando a mesma. Seguiremos mantendo este Blog para complementar axeitadamente a nosa presenza na Rede.

PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO: O MÉTODO DE ESTUDIO I

PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO: O MÉTODO DE ESTUDIO I

 

C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Programa de

Técnicas de Estudio

 

O método de estudio.

Como estudar.

Regino Garrido Figueiras

Neste folleto imos ver consellos sobre como debes estudar e que pasos debes seguir no estudio.

1. O método de estudio é o camiño que tes que seguir  cada vez que teñas que estudar algo.

2. Para ter un bo método de estudio primeiro tes que coñecerte ben a ti mesmo/a. Tes que saber si tes unha boa memoria, si entendes á primeira o que che explican ou o que les, que nivel de atención mantés e durante canto tempo, si necesitas durmir moito ou non ...

3. Unha boa maneira de enfrontarse ao estudio é velo como un deporte. Imaxina que practicas o deporte do estudio.

4. Un bo deportista adestra o necesario para poder competir ben. Ti tes que estudar o tempo que necesites para poder aprender ben o que teñas que estudar e para obter bos resultados no cole.

5. Cada estudante debe chegar a ter un método de estudio propio e que aproveite ao máximo as súas calidades.

6. Tes que adestrar tódalas capacidades que che poden axudar no estudio: memoria, razoamento, relaxación ...

7. Un bo deportista adestra para acadar bos resultados; ti tes que facer actividades nas que teñas que aplicar as técnicas de estudio (resumo, esquemas, mapas conceptuais, lectura ...) e as capacidades que ti teñas para así poder obter bos resultados como estudante.

8. Si tes unha boa memoria, non deixes de empregala. Leva a cabo actividades nas que teñas que usala: aprende matrículas de coches, listados, conxuntos de números ... Dentro deste Programa de técnicas de estudio haberá un apartado dedicado a este tema. Lembra que por moi boa capacidade que teñamos, si non a usamos e non a adestramos, esta capacidade diminuirá.

9. Si pola contra, a túa memoria non é moi boa, máis que nunca debes traballala, aínda que á hora de estudar terás que empregar outro tipo de estratexias para obter uns bos resultados.

10. Si tes unha boa capacidade para entender ben o que che explican e para relacionar uns conceptos con outros, estudia empregando esta capacidade.

11. Lembra o que dixemos en canto á planificación do estudio, ao horario de estudio e ao lugar de estudio. É fundamental que te organices ben e que cumpras co horario de estudio que sexa axeitado para que acades bos resultados.

12. Tes que deseñar que pasos vas seguir para estudar.

13. Un exemplo de método de estudio seguiría estes pasos:

1º. Lectura dos títulos e subtítulos dos apartados que hai que aprender.

2º. Lectura rápida dos textos a aprender.

3º. Lectura máis detallada, facendo subliñado e/ou anotacións á marxe.

4º.  Elaboración de esquemas.

5º. Estudio detallado do esquema, debendo memorizalo.

6º. Estudio dos contidos que entran. Tes que traballar sobre estes contidos.

7º. Repaso.

Ti debes buscar o método que mellor che vaia.

14. Planifica canto tempo pensas que che pode levar cada unha destas fases, de xeito que poidas preparar con tempo suficiente o control. Distribúe no teu horario de estudio estes tempos antes de poñerte a estudar.

15. É moi importante que tódalas semanas inclúas no teu horario de estudio un tempo para o repaso do que se vai dando na clase, para non comezar dende cero cando te poñas estudar.

16. Tamén é bo que dediques tódolos días un tempo para ver os contidos que vas dar no día seguinte no cole. Así non che serán descoñecidos cando o mestre/a os explique na clase.

17. É moi útil ter un caderno de estudio no que vaias anotando as dúbidas que che vaian xurdindo durante o tempo de estudio para poder preguntárllelas ao mestre/a, para así ter todo moi claro antes do control.  

18. Sempre que te poñas a estudar ten a man un dicionario. Sobre todo, nas fases de lectura debes buscar nel aquelas palabras que non entendas.

19. Tamén necesitas lapis e papel. Canto máis activo/a sexas durante o tempo de estudio mellores resultados obterás. Fai tódolos exercicios que vaian aparecendo nos temas que teñas que estudar; servirache de adestramento para cando teñas que facer o exame.

20. Fai tamén durante o estudio os mapas, gráficos e demais figuras que aparezan nos textos como exercicios para completar, para ter un bo dominio deles e poder levalos a cabo durante o control si é necesario nalgunha das cuestións que se propoñan no mesmo.

21. Si che é posible, busca máis información sobre os temas que teñas que estudar. Así, completarás os textos que veñan no libro e as explicacións do mestre/a, podendo facer un exame de maior calidade.

22.  Fíxate en como lle gusta ao mestre/a que presentes os teus traballos. Coida moito a presentación nos exames.

23. Estudia con forza aquelas cuestións que o mestre/a destaca durante as súas explicacións na aula. Probablemente as inclúa no control.

24. Non deixes todo para última hora. Un bo deportista adestra con antelación para chegar nas mellores condicións ó día da competición. A ninguén se lle ocorre adestrar moi forte e soamente o último día , senón que as últimas horas aprovéitanas para descansar e durmir ben.

25. Polo tanto, o último día antes do control debes dedicalo a repasar, a relaxarte e debes durmir como mínimo 8 horas. Canto máis descansado/a chegues ao control mellor rendemento terás.

26. Prepara con antelación todo o necesario para facer o control, para evitar nervios de última hora.

O ENTROIDO NO COLEXIO

O ENTROIDO NO COLEXIO

Na pasada semana fixéronse diversas actividades do Entroido. Tódolos días o Meco mandou vir vestidos con algo especial. O mércores fixemos a XI Degustación de sobremesas do Entroido onde incluímos tamén sobremesas propias dos países de procedencia do noso alumnado estranxeiro. O venres fixemos o desfile de entroido polas rúas de Ponteareas.