Blogia

ceipnsremedios

CARTA DE POPI DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2006-07

CARTA DE POPI DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2006-07

 

Ola, rapaciñas e rapaciños!

Antes de contarvos nada quero darvos as grazas por eses marabillosos contos que me fixestes, paseino moi ben nas vacacións do Nadal léndoos. Aínda que botei en falta moito as vosas visitas tanto dos recreos coma dalgunhas tardes, porque direivos que hai xa un bo número de nenos e nenas que veñen ler polas tardes comigo e agardo sexamos cada día máis.

 

E como xa sodes moitos os que levades libros para ler na casa tamén, os vosos titores van levar un rexistro dos libros que ledes. E, estaredes a pensar, como o van facer?

Pois moi sinxelo, algúns nas vosas clases xa empezastes a ver que os titores pintaron  árbores, e para

que serán...?

Cóntovos, as árbores teñen pólas e estas teñen follas, pois do que se trata e que cada vez que leades un libro tedes que facerlle unha folla a vosa póla, aaah!!!!!  Que non vos dixen,  os titores vanvos dar unha póla desa árbore para cada un, e o que máis follas lle coloque a esa póla terá un pequeno agasallo. Agardo que esas árbores agora núas de follas no remate do curso sexan frondosas e que o pasedes moi ben coa lectura, tanto dos libros da biblioteca coma da aula.

 

E falando da Biblioteca sabedes que están ampliando o voso recuncho? Pois si, para que sigades a traerme moitos deses libriños tan  marabillosos que só vos sabedes facer así de ben e logo ademais de min, por suposto, leredes todos.

 

Como supoño que no Nadal todos e todas reporiades as forzas, comendo eses ricos turróns e mazapáns, para seguirdes traballando moito e así acadar unhas boas notas como na primeira avaliación, ou non?

Eu creo que siiiiiiiiiiiiiiiii que todas e todos sondes uns bos estudantes.

Imos entón ao tema do seguinte conto, que debe estar comigo na semana do 19 de marzo para que como o anterior poidades pasar todas e todos a lelos antes das vacacións de Semana Santa; como xa levamos un bo anaco de curso e  dixéronme que fixerades moitas visitas e actividades fóra do colexio; eu pensei,  estaría ben que como eu non podo ir a ningures, por estar aquí a gardar os vosos libros; vós me contarades algunhas desas cousas que fostes ver ou facer.

Parécevos ben?

 

Agardo inqueda os vosos contos.

 

Moitos biquiños da vosa mascota POPI

 

 

MUA, MUA, MUA...............................!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

CARTA DE POPI DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2006-07

CARTA DE POPI DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2006-07

 

Ola, rapaciñas e rapaciños!

Como vos foi durante o verán?

Agardo que moooi ben!!!, que descansarades moooito e que traiades unhas enormes ganas de traballar.

Como lembraredes do curso pasado son a mascota POPI que estou na Biblioteca do colexio, e tamén lembraredes que tiñamos un recuncho onde me deixabades os libriños tan chulis  que faciades coas vosas profes e que logo podiamos ler todos.

Pois ben, estamos no outono, época na que se recollen moitos froitos e que supoño vos gustarán moito igual que a min.

Gustaríame que o primeiro libriño deste curso, que acabamos de comezar, fose dedicado a estes froitos.

E, preguntarédesvos como tedes que facer?

Veredes, creo que vai ser moi sinxelo; cóntovos:

A cada curso voulle asignar un froito de outono, e vos tedes que facerme entre toda a clase un libriño no que contedes unha aventura dese froito, ben sexa comigo, ou a propia aventura da vida dese froito que vos tocou.

Os froitos quedarán do seguinte xeito:

Infantil de 3 anos...............as follas do outono

Infantil de 4 anos A............o limón

Infantil de 4 anos B............o figo

Infantil de 5 anos A............a landra

Infantil de 5 anos B............a noz 

1º de Primaria......................a castaña 

2º de Primaria......................a mazá

3º de Primaria.......................a pera

4º de Primaria.......................as uvas

5º de Primaria.......................os cogomelos

6º de Primaria.......................a cabaza   

Agardo o pasedes moi ben coa creación dos libriños e que  a vosa imaxinación nos leve a pasar un anaco divertido  na Biblioteca.

 

Agardade, non rematei, quero lembrarvos que o vindeiro día 27 de outubro imos celebrar o Magosto. Como xa sabedes iso implica que uns días antes hai que traer o bullo para as fogueiras e, por suposto, as castañas.

 Ademais este ano vanse celebrar xogos populares no patio o mesmo día, polo que os profes de Educación Física, Toño e Lucía, pedíronme que traiades, os que teñades na casa; aros guía, petancas, bolos celtas, zancos, chaves e ras, ou outros xogos que vos saibades, para ir practicando.

Que vos parece?, eu creo que o imos pasar moooi ben, e imos aprender moito.

Se as vosas profes vos mandar facer algún traballiño onde contedes o que fixestes o día do magosto ou en que xogos participastes, agardo o ilustredes moi ben xa que será  publicado no xornal do colexio "A pita faladora"

Agora si que xa se rematou, traballade moito para que saían cousas moi bonitas, e até a próxima.

  Unha forte aperta de Popi.

XOGA AO PLIS PLAS

XOGA AO PLIS PLAS

Estamos na segunda semana do xogo. As pistas xa están nos corredores do colexio. Tedes que adiviñar de quen se trata.

O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

Nestes días levamos facendo varias actividades sobre a paz nas aulas. Hoxe fixemos o acto central no patio con todo o alumnado do colexio.

Temos máis información sobre esta celebración no blog do Seminario Permanente de Educación Intercultural do Colexio.

Na imaxe vemos un anaco da pomba da paz que fixemos chea de pombiñas pequenas elaboradas por todo o alumnado do Cole.

AS NORMAS DE POPI

AS NORMAS DE POPI

Estas son as normas de Popi para a nosa Biblioteca.

POPI: A MASCOTA DA BIBLIOTECA

POPI: A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Nesta imaxe aparece Popi, a mascota da nosa Biblioteca e que cada trimestre se dirixe a tódolos alumnos e alumnas do Cole para que fagan un conto.

A BIBLIOTECA DO COLEXIO

A BIBLIOTECA DO COLEXIO

 

Cando comezamos o curso 2005/06 decidiuse que había que dinamizar a biblioteca escolar polo ben de todos.

Para iso o primeiro que se fixo no 1º trimestre escolar foi un concurso para a elección da súa mascota, resultando elixida a vaca Popi do alumno de 1º A Diego Gándara Vilas.

Logo fíxose unha vaca Popi en relevo para a porta da Biblioteca.

Esta mascota dedicase cada trimestre a escribir unha carta, que fai chegar a todas as aulas, na que se lle pide aos alumnos/as que lle elaboren un conto partindo dun tema que ela propón.  Estes contos, unha vez rematados, expuxéronse na Biblioteca para logo quedar a disposición de quen os queira ler no recuncho "Fixémolos nós".

No 2º trimestre os contos que se elaboraron tiveron como tema a chegada de Popi a Biblioteca. Fíxose coincidir a exposición coa semana do libro.

Como se rematou un pouco  máis tarde do previsto, por ser a primeira vez que se facía, decidiuse continuar o vindeiro curso.

Xa neste curso 2006/07 a carta chegou a primeiros de outubro co tema " Aventuras cun froito de outono", cada nivel tiña asinado un froito de outono para a elaboración do conto, así os de infantil de 3 anos eran as follas de outono, os de catro a noz, os de cinco as landras; xa en primaria os de 1º tiñan a castaña, os de 2º a mazá, os de 3º a pera, os de 4º as uvas, os de 5º os cogomelos e os de 6º a cabaza.

A exposición levouse a cabo durante as dúas derradeiras semanas do trimestre.

Tamén no primeiro trimestre se creou unha Popi en tres dimensións con materiais de reciclaxe para o interior da Biblioteca e así acompañe aos lectores e lectoras.

Na 2ª semana de xaneiro xa chegou a seguinte carta de Popi pedindo aos alumnos alumnas que elaboren un conto co tema "As saídas ou actividades extra escolares". Ademais os titores/as van facer un control dos libros que os seus alumnos/as len, tanto da Biblioteca escolar coma da que teñen na aula, dun xeito moi gráfico: nunha parede da aula van debuxar unha árbore con tantas pólas coma alumnos/as teñan e cada un deberá encher a súa póla de follas, que van ter que encher a modo de ficha do libro que lean, constando o título, autor, editorial e valoración pola parte de diante da folla e por detrás escribirán un pequeno argumento os maiores e os máis pequenos un debuxo. Na valoración debuxarán de unha a tres Popis segundo lles gustase.

Todos agardamos que este obxectivo que nos propuxemos se acade  para poder así continuar a nosa tarefa de mellorar cada día.

 

TEATRO CON MONICREQUES: ENCONTROS NO PARQUE

TEATRO CON MONICREQUES: ENCONTROS NO PARQUE

Esta é a obra de tetaro conmonicreques que representaron alumnos e alumnas de 5º B e de 6º B do noso colexio dentro da actividade do PLis PLas:

 

ENCONTROS NO PARQUE

 

(Música)

Narrador.-Un día, encontranse tres amigos no parque: Fosqui, Fruti e Puqui.Facía xa tempo que non se vían e.....

 

Fosqui .- (Sacando todo tipo de larpeiradas)

 

Fruti.- Fosqui , que fas? Non sabes que hai que comer san.

 

Fosqui.-Comer san! Ti toleache ou que? E logo que cres que estou a facer? Non che parece sano todo isto?

 

Puqui.- Non, Fosqui , non. Se segues a comer todas esas larpeiradas vas enfermar.

 

Fosqui:- Enfermar?

 

Fruti.- Si, enfermar.

 

Puqui.- Mira, fosqui, eu..antes,tamén comía todas esas porcalladas.

 

Fosqui.- Porcalladas , dis? Ja, ja , ja , ja !

 

Fruti.-Non é unha broma. Miña nai contoume que... un neno, que ela coñece sempre levaba para o  recreo do cole: galletas, fosquitos, caramelos ,chicles, zumes.... pero, un día comezou a doerlle moito a barriga e tivo que ir ao médico. Estaba moi enfermo e, nunha ambulancia levárono ao hospital...

 

Fosqui.- Ó hospital?

 

Puqui.- Si, o médico dixo que ía ter que quedar ingresado algún tempo.

 

Fosqui.- So, por unha dor de barriga?

 

Fruti.- So por unha dor de barriga... non. Tiña o sangue cheo de boliñas de graxa que lle atrancaban as veas e....

 

Puqui.- Non podía respirar ben e parábaselle o corazón, verdade?

 

Fruti.- Certo.

 

Narrador.- Fosqui comezou a preocuparse pola súa saúde e...

 

Fosqui.- E logo , que lle pasou? Contádeme, contádeme.

 

Fruti.- Tivo que pasar moito tempo ingresado no hospital , ata que se puxo ben.

 

Puqui.- Puxéronlle moitas inxeccións e ata o tiveron que operar do corazón.

 

Fosqui.- Doeríalle moito? Non?

 

Fruti.- Moito

 

Fosqui.- E ,logo......, vos que traedes de merenda?

 

Fruti.- Eu....(Saca unha mazá,un plátano e unha botella de auga)

 

Puqui.- Eu...(Saca un bocata de queixo e unha botella de auga)

 

Fosqui.- E.. se eu como así coma vos, non me vou poñer malo?

 

Fruti.- Claro que non .(comentan entre eles, mentres soa unha música baixiña).

 

Narrador.- E ... foi así, como Fosqui aprendeu a comer san.

 

Fito.- Eh!, nenos . Parade aí ...... E , que facedes cos desperdicios? Non seredes vos os que enchen o patio deste cole de lixo?

 

Os tres.- Nos non...... Nos botamos ....

 

Fosqui.-Os plásticos, os bricks e as latas no contedor amarelo.

 

Puqui.-Os papeis e os cartóns no contedor azul.

 

Fruti.- Os restos de comida no contedor verde.

 

Fito.- Vos facédelo moi ben, pero , eu.... estou farto de ver o patio deste cole cheo de todo tipo de lixo: plásticos, papeis , latas, botellas de iogur..... Entón, se non sodes vos..... Non serán estes nenos que están aí sentados?

 

Fruti.- Non che sei,  Fito,  pero a min ...dixéronme que no colexio ... hai uns detectives  que van estar no patio vixiando para ver quen é o que tira  o lixo no chan.

 

Puqui.- Eu , tamén o oín.

 

Fosqui .- Eu tamén.

 

Fito.- Chámanse detectives verdes.

 

Os tres.- Detectives verdes?

 

Fito.- Si, eles preocúpanse pola natureza . Encárganse do coidado do entorno.

Se ven que algún neno ou nena deste cole tira lixo no chan han de .....

 

Fruti .- (Interrompendo) Facerllo  recoller ..verdade!

 

Fito.- Claro, tamén lle poden poñer unha multa.

 

 

Puqui.- Unha multa?

 

Fito.- Si,  unha multa... non de diñeiro pero... xa  veredes...xa.

 

(Música)(Comentan)

 

Fruti.- E... estes nenos, que traerán  para comer  hoxe?

 

Puqui.- Por que non llelo preguntamos?

 

Fosqui.- Iso, iso, que nos ensinen o que traen ... que nos ensinen.

 

(Música) (Entran os detectives verdes) (Para a música)(Acercándose  aos nenos din que son os DETECTIVES VERDES e  comentan con eles se está ben ou mal o que traen de merenda).

 

Fito.- Moito ollo..... Imos ver, onde tirades o lixo.

 

Puqui.-Xa sabedes , hai un contedor para cada cousa.

 

Fruti.-Non o esquezades.

 

Fito.- (Interrompendo) Eh! ....Non vos esquecedes de contarlle unha cousa a estes nenos.

 

Fosqui.-(Sorprendido) Non.

 

Fruti.- Si , claro, o do xogo, verdade?

 

Puqui.- Efectivamente.

 

Fito.- Sabiades ...que vós tamén podedes ser axudantes de detectives?

 

Fruti.- Pois se queredes aprender... e ser axudantes de detectives xogade connosco tódalas semanas   seguindo as pegadas.

 

Fito.- Só  tedes que ler as mensaxes que vos van aparecendo polos corredores cada día.... e cando creades que xa sabedes o que é.... tedes que buscar a profesora , Josefa, e ser os primeiros en acertar.

 

Fruti.- Se acertades.... E sodes os primeiros han vos de dar unha gorra , un carné ou un brazalete de axudantes de detectives.

 

Fito.- Así que... ánimo e... a xogar .

 

Todos.- Pode ser moi divertido.   (Música)

O PLIS PLAS

O PLIS PLAS

 

QUE É:

É un programa de educación ambiental que organizan conxuntamente a Radio

Galega  e a Consellería de Medio Ambiente.

 

QUEN PARTICIPA:

Este curso o alumnado de 5ºB e 6ºB

 

CON QUE PARTICIPAN:

Participan cun tema titulado: A comida lixo e a recollida selectiva.

 

COMO:

  • 1. Interpretan para monicreques unha obriña de teatro coa que pretenden concienciar ao alumnado do Centro da necesidade de comer san e de separar o lixo, para deste modo, loitar polo coidado do Medio Ambiente.

 

  • 2. Cada semana, e para que poidan participar o resto do alumnado de primaria e o de infantil de cinco anos, vaise organizar un xogo titulado SEGUE AS PEGADAS que consiste en ir dando pistas para atopar algo.

GAÑADORES/AS DO CONCURSO PLIS PLAS DA SEMANA 22 AO 26 DE XANEIRO

GAÑADORES/AS DO CONCURSO PLIS PLAS DA SEMANA 22 AO 26 DE XANEIRO

Xa hai os primeiros gañadores/as do concurso dos detectives verdes. As gañadoras son:

NOMEADAS DETECTIVES:

                      Beatriz Mª Puga González 5º B

                      Jessica Táboas Vázquez 5º B

                      Melliza Perafán Muñoz  5º B

NOMEADAS AXUDANTES DE DETECTIVES:

                      Sara Méndez Amil  3º B

                      Eva Varela Pérez  1º A

                      Esther Porrit Marchena 1º A

A SOLUCIÓN DESTA PRIMEIRA SEMANA É: MAXI LIBRO "LAS BRUJAS", editado no ano 1999 polo alumnado de 6º B.

XA SABEDES QUE TEDES QUE SEGUIR AS PEGADAS E FIXARVOS NAS PISTAS QUE IRÁN APARECENDO NOS CORREDORES.

                                                               

ALUMNADO DE 5º B E 6º B COMEZAN O PLIS PLAS

ALUMNADO DE 5º B E 6º B COMEZAN O PLIS PLAS

Hoxe venres 19 de xaneiro alumnos e alumnas de 5º B e de 6º B fixeron representacións con monicreques dunha obra que trata o tema do coidado do colexio e da alimentación axeitada para tódolos nenos e nenas. A estas representacións asistiron por niveis tódolos nenos e nenas do noso centro.

Vaise facer un xogo con temática medioambiental no que poderán participar os alumnos e alumnas do noso cole.

En outros artigos informaremos sobre esta actividade verdadeiramente interesante.

Na imaxe aparece un momento da representación.

MALTRATO ENTRE IGUAIS: MATERIAIS PARA O ALUMNADO

Neste artigo imos expoñer un resumo dun material elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia sobre o maltrato entre iguais.

Non fagas trato co maltrato

(Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais)

 

(Resumo do programa elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia)

Material do alumnado

NON FAGAS TRATO CO MALTRATO

 

As relacións entre iguais

 

As relacións entre iguais son as que se establecen coas persoas da mesma aula, do mesmo centro e de idades similares. Non sempre son doadas. Ás veces, podes sentirte intimidado ou maltratado por algunha persoa coa que convives na aula, no centro ou en calquera outro lugar.

 

¿Que é maltratar?

 

O maltrato entre iguais consiste en que un alumno, unha alumna ou un grupo deles ataca, amola, molesta ... a outro compañeiro ou compañeira unha e outra vez, de maneira reiterada, durante un tempo prolongado, con intención consciente de causarlle dano ou medo, aproveitándose do desequilibrio de forza entre eles e tratando de que as persoas que poden axudar á vítima non se dean de conta. A vítima non adoita provocar, e non pode ou non sabe defenderse.

 

Formas de maltrato entre iguais:

 

       Físico:

o        Directo: empurróns, patadas, puñazos, agresións con obxectos ...

o        Indirecto: agachar cousas, cambiar de sitio, roubarlle cousas á vítima ..

 

       Verbal:

o        Directo: vocear, burlarse, insultar, poñer alcumes ...

o        Indirecto: falar mal ás súas costas, facer que escoite de "casualidade", mensaxes ao móbil ...

 

       Relacional:

o        Directo: exclusión deliberada de actividades, impedir a súa participación...

o        Indirecto: deixar a vítima soa no patio, facer parellas ou grupos na clase sen contar con esa persoa...

 

Maltrato é ...

 

       Cando un rapaz ou rapaza se mete habitualmente con outro insultándoo, burlándose, poñéndolle alcumes.

 

       Cando un grupo de alumnos/as lles din aos demais que non falen con outro rapaz  ou rapaz para que non teña amizades.

 

       Cando nos cambios de clase, nos servizos, no autobús ... hai un neno/a que "tropeza" sempre co mesmo compañeiro/a, lle atranca o paso cunha perna, poñendo o brazo ...

 

       Cando alguén abusa da súa forza, e atemoriza a un/unha ou máis compañeiros/as, ameazándoos se non fan o que quere: darlle o bocadillo, facerlles os deberes, deixarllos copiar ...

 

       Cando un grupo de nenos/as espera premeditadamente na saída da escola a alguén para abusar del.

 

Maltrato non é ...

 

       Insultar ocasionalmente no medio dunha rifa.

 

       Estar un día enfadado/a cun amigo/a ou con varios.

 

       Tropezar sen querer e berrar: ¡Aparta!"

 

       Copiar nos exames, alterar as clases con intervencións inadecuadas ...

 

       Enfrontamentos entre dúas pandas nunha cidade, ou de dúas aldeas ou parroquias achegadas.

 

¿Como recoñecer ... se estás sendo unha persoa maltratada?

 

Es unha persoa maltratada se as mesmas persoas che fan algunhas destas cousas de xeito repetido:

 

       Insúltante ou búrlanse constantemente de ti.

 

       Falan mal de ti ou difunden rumores falsos sobre a túa persoa.

 

       Empúrrante, péganche ou ameázante fisicamente.

 

       Escóndenche, rómpenche ou róubanche cousas de forma continuada.

 

       Ignórante ou desprézante.

 

       Rexéitante en calquera circunstancia e por calquera motivo.

 

       Non te deixan participar nas actividades do grupo.

 

       Obrígante a facer cousas que non queres.

 

       Acósante sexualmente.

 

Pide axuda para afrontar esta situación e saír dela.

 

¿Como recoñecer ... se es ti a persoa que maltrata?

 

Debes darte conta axiña do que estás a facer e poñer os medios para cambiar as túas actitudes. As relacións interpersoais que establezas deben ter un carácter de igualdade.

 

Es unha persoa que maltrata cando con frecuencia:

 

       Insultas, falas mal e difundes rumores falsos dos teus compañeiros ou compañeiras.

 

       Te identificas con situacións de intimidación e violencia cara ás demais persoas.

 

       Estás meténdote de forma continuada cos teus compañeiros e compañeiras e actúas ordinariamente con violencia nas túas relacións cos demais.

 

       Molestas e incomodas a aquelas persoas que teñen algunha particularidade ou unha aparencia física diferenciada.

 

       Obrigas aos demais a facer cousas que non queren.

 

       Rexeitas ou non deixas participar a outras persoas en actividades do grupo.

 

       Gozas coa intimidación e co maltrato ás outras persoas.

 

       Acosas sexualmente.

 

As relacións cos iguais teñen que estar presididas polo respecto mutuo. Se es unha persoa que maltrata, tes que cambiar polo ben teu e polo ben dos demais.

 


¿Como recoñecer ... se es ti a persoa espectadora do maltrato?

 

Ti es unha persoa espectadora do maltrato cando, con frecuencia:

 

       Asistes a un acto de intimidación e non fas nada para evitalo.

 

       Non recoñeces que o que lle están facendo á vítima non está ben e pensas que ten merecido o que lle pasa.

 

       Tes medo a actuar na defensa da persoa maltratada. Cres que mentres se metan con ela non se meterán contigo.

 

       Incluso chegas a participar ou animar na situación de abuso con risas, xestos, ...

 

Se é así, colaboras indirectamente na situación de maltrato. Sé valente. Recoñece que es unha persoa espectadora e que non estar a actuar axeitadamente. Racha con esa situación e axuda.

 

Aprende a protexerte:

 

Debes esforzarte en aprender toda unha serie de habilidades e estratexias que che sirvan para relacionarte cos demais de forma non violenta.

               

Recomendacións a seguir:

 

Desenvolve habilidades sociais:

 

       Exprésalles os teus sentimentos e emocións ás túas amizades, familia, profesorado ou ás persoas da túa confianza.

 

       Mantén un bo nivel de comunicación cos demais.

 

       Analiza como se senten outras persoas cando están tristes ou teñen algún problema. Ponte no seu lugar.

 

       Colabora na resolución de conflitos.

 

Practica os valores positivos:

 

       Sé dialogante.

       Respecta as normas.

       Sé tolerante.

       Practica a solidariedade.

       Sé xusto na valoración dos feitos que observes.

 

Fomenta a auto protección:

 

       Afronta positivamente as situacións que che provocan unha certa tensión.

       Aprende a dicir que non canto esteas convencido da túa postura, así como a xustificar a túa opinión.

       Practica a convivencia pacífica.

 

Atrévete a denunciar o maltrato

 

Diferenza entre segredos bos e segredos malos

 

Hai segredos que non debemos gardar, son malos segredos, poden prexudicar a alguén.

 

Que é ser unha persoa "chivata"

 

Contar un segredo malo, como denunciar unha situación de maltrato oculto, non está a ser un "chivato". Ó maltratador/a interésalle que se manteña a "lei do silencio".

 

¿Que ocorre se alguén coñece un mal segredo e non llo conta a ninguén?

 

       Que a persoa maltratada non pode recibir axuda.

       Que está a ser cómplice dunha agresión.

       Que, como a persoa agresora ve que o seu maltrato queda impune, pode repetilo con máis compañeiros ou compañeiras.

 

Cando alguén se atreve a denunciar unha situación de maltrato oculto, a contarlle a algunha persoa adulta da súa confianza o que lle ocorre, non está a ser un "chivato":

 

       Está sendo moi valente e responsable, porque coa súa denuncia evita que se continúe a facer.

       Actúa con compañeirismo e defende os dereitos fundamentais das persoas.

       Axuda a mellorar a convivencia, porque as persoas adultas poden intervir para solucionar o maltrato.

       E beneficia á persoa que agride, porque está nunha situación prexudicial para ela mesma e necesita axuda para cambiar.

 

Por todas estas razóns, se es vítima dun maltrato ou tes algún compañeiro ou compañeira que o está a padecer NON O SILENCIES, non sexas cómplice. Non o ignores, ti podes axudar.

 

Habilidades de busca de axuda

 

É comprensible que teñas medo do que che poida ocorrer se denuncias un maltrato que estás a padecer ou que observas. Actúa con prudencia.

 

No caso de que ti sexas a vítima, non cargues con todo ese peso: fala, busca axuda, non sufras en silencio. Recoñece e expresa o que estás a sentir: teño medo, teño vergoña ...

 

Fuxe das situacións ou lugares onde habitualmente se produce o maltrato e non respondas ás agresións.

 

Podes falar primeiro con compañeiras/os que te entendan ben, sempre que teñas todas as garantías de confidencialidade, pero logo tes que falar cunha persoa adulta da túa confianza. Ela saberá o que hai que facer.

 

Se non te atreveses a falar ti directamente do que che pasa, busca a alguén que o poida facer por ti.

 

Se ti es a persoa que maltrata, debes saber que tes un grave problema e que precisas axuda. Búscaa nalgunha persoa adulta que cha poida proporcionar (profesorado, departamento de orientación ...). Ó mesmo tempo, ponte no lugar da persoa á que maltratas. Coa túa actitude podes ser unha persoa temida, pero non querida. Aprende a relaxarte.

 

Se ti es a persoa espectadora do maltrato e estimas que o caso é leve podes usar estas estratexias.

       Fala coa vítima e móstralle o teu apoio e comprensión.

       Comparte con outras espectadoras ou espectadores do maltrato estratexias de axuda á vítima.

       Fala coa persoa agresora e coméntalle que se está "pasando" e que sería bo que se puxera no lugar da vítima antes de continuar.

Se che parece que é un maltrato grave:

 

       Ten coidado, non te metas en pelexas.

       Fala, o antes que poidas, cunha persoa adulta.

       Apoia á vítima.

 

TRATA SEMPRE ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS COMO CHE GUSTARÍA QUE TE TRATASEN A TI.

MALTRATO ENTRE IGUAIS: MATERIAIS PARA AS FAMILIAS

Neste artigo achegamos un resumo dun material elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia sobre o maltrato entre iguais.

Maltrato entre iguais

(Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais)

 

(Resumo do programa elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia)

Material das familias


MALTRATO ENTRE IGUAIS

 

As relacións entre iguais

 

A diferenza das relacións que os rapaces e rapazas manteñen coas persoas adultas, as relacións entre eles teñen un carácter non xerárquico, de aí a consideración de relacións "entre iguais". Estas relacións facilitan a aprendizaxe dun amplo abano de habilidades e actitudes persoais e sociais e contribúen ao desenvolvemento emocional e cognitivo.

 

A familia na casa e o profesorado na escola teñen un papel decisivo no establecemento das boas ou malas pautas de relación dos rapaces e rapazas.

 

Hai situacións dentro das relacións entre iguais nas que se produce o maltrato entre iguais, que é do imos falar nas seguintes páxinas.

 

¿Que é o maltrato entre iguais?

 

O maltrato entre iguais consiste en que un alumno, unha alumna ou un grupo deles ataca, amola, molesta ... a outro compañeiro ou compañeira unha e outra vez, de maneira reiterada, durante un tempo prolongado, con intención consciente de causarlle dano ou medo, aproveitándose do desequilibrio de forza entre eles e tratando de que as persoas que poden axudar á vítima non se dean de conta. A vítima non adoita provocar, e non pode ou non sabe defenderse.

 

Maltrato é ...

 

       Cando un rapaz ou rapaza se mete habitualmente con outro insultándoo, burlándose, poñéndolle alcumes.

 

       Cando un grupo de alumnos/as lles din aos demais que non falen con outro rapaz  ou rapaz para que non teña amizades.

 

       Cando nos cambios de clase, nos servizos, no autobús ... hai un neno/a que "tropeza" sempre co mesmo compañeiro/a, lle atranca o paso cunha perna, poñendo o brazo ...

 

       Cando alguén abusa da súa forza, e atemoriza a un/unha ou máis compañeiros/as, ameazándoos se non fan o que quere: darlle o bocadillo, facerlles os deberes, deixarllos copiar ...

 

       Cando un grupo de nenos/as espera premeditadamente na saída da escola a alguén para abusar del.

 

Maltrato non é ...

 

       Insultar ocasionalmente no medio dunha rifa.

 

       Estar un día enfadado/a cun amigo/a ou con varios.

 

       Tropezar sen querer e berrar: ¡Aparta!"

 

       Copiar nos exames, alterar as clases con intervencións inadecuadas ...

 

       Enfrontamentos entre dúas pandas nunha cidade, ou de dúas aldeas ou parroquias achegadas.

 

Formas de maltrato entre iguais:

 

       Físico:

o        Directo: empurróns, patadas, puñazos, agresións con obxectos ...

o        Indirecto: agachar cousas, cambiar de sitio, roubarlle cousas á vítima ..

 

 

       Verbal:

o        Directo: vocear, burlarse, insultar, poñer alcumes ...

o        Indirecto: falar mal ás súas costas, facer que escoite de "casualidade", mensaxes ao móbil ...

 

       Relacional:

o        Directo: exclusión deliberada de actividades, impedir a súa participación...

o        Indirecto: deixar a vítima soa no patio, facer parellas ou grupos na clase sen contar con esa persoa...

 

O aspecto relacional está en todas as formas de maltrato.

 

 


¿Como recoñecer se un fillo ou filla ...

 

... está sendo unha persoa maltratada?

 

Non é doado sabelo, pero hai unha serie de signos físicos, emocionais, psicolóxicos e de conduta que indican a existencia dun posible maltrato, sobre todo, se sedan varios ao mesmo tempo:

 

       ¿Comenta que recibe insultos ou burlas no colexio ou que falan mal del ou dela?

 

       ¿Chega á casa coa roupa, cos libros ou con outra pertenza estragados ou rotos?

 

       ¿"Perde" con frecuencia obxectos persoais ou diñeiro?

 

       ¿Mostra sinais externos de golpes, rabuños, mazaduras ou feridas?

 

       ¿Comeza a non querer ir ao colexio ou ao instituto? ¿Pon desculpas (dor de cabeza, de estómago, vómitos) para non asistir ás clases ou cando está nelas reclama que o vaian recoller?

 

       ¿Non ten ganas de comer?

 

       ¿Cambia de percorrido para ir ao centro escolar ou o de volta á casa?

 

       ¿Evita ir a determinados lugares?

 

       ¿Ten cambios nos patróns de sono?¿Empeza a durmir mal ou a ter pesadelos?

 

       ¿Denota, a miúdo, un aspecto triste e infeliz?¿Cambia repentinamente de humor?

 

       ¿Está baixando visiblemente o seu rendemento escolar?

 

       ¿Manifesta unha alta ansiedade e inseguridade?

 

       ¿Cústalle relacionarse con outras persoas?¿Está perdendo amigos/as?¿Estase quedando só ou soa?

 

       ¿Comeza a agredir ou a ameazar aos seus irmáns ou ás súas irmás ou a outras persoas?

 

Se acontece isto, o voso fillo ou filla necesita axuda.  Debedes escoitalo para solucionar o problema o máis rápido posible.

 

¿Como recoñecer se un fillo ou filla ...

 

... é quen maltrata?

 

Para ver se este é o caso, debedes estar atentos aos seguintes signos:

 

       ¿É unha persoa agresiva?¿ë dominante e prepotente?¿Intimida ou maltrata os seus irmáns ou irmás e os seus amigos ou amigas?

 

       ¿Quere levar sempre razón?¿Impón frecuentemente as súas ideas pola forza?

 

       ¿Non respecta as demais persoas?¿Utiliza con asiduidade insultos ou descualificacións?

 

       ¿Ten ataques incontrolados de ira?¿Non soporta contrariedades?¿Reacciona violentamente cando non consegue o que quere?

 

       ¿Nunca se pon no lugar doutras persoas?

 

       ¿Utiliza a intimidación e a violencia para acadar a lealdade dos seus compañeiros ou compañeiras?

 

       ¿Ten dificultades para comunicar os seus sentimentos e afectos?

 

       ¿Gábase das súas actuacións violentas e xustifícaas sempre? ¿Nunca sente remordementos?

 

Si observades este tipo de actitudes tedes que falar con el ou con ela e axudarlle a saír desta situación.

 

¿Como recoñecer se un fillo ou filla ...

 

... forma parte das persoas espectadoras do maltrato?

 

Moitas veces o voso fillo ou a vosa filla participa pasivamente nunha situación de maltrato. ¿Como podedes recoñecer se está nestas circunstancias?

 

       ¿É unha persoa facilmente influenciable e manexable?

 

       ¿Réstalle importancia ás situacións de maltrato de compañeiros ou compañeiras?

 

       ¿Non é solidario ou solidaria coas persoas maltratadas e non lles presta axuda?

 

       ¿Ponse algunha vez no lugar das vítimas?

 

       ¿Non alerta dos casos de maltrato que presenza na escola porque pensa que é chivar?

 

Cando se dean estas circunstancias, debedes axudarlle a recoñecer que é unha persoa espectadora do maltrato e que está asistindo de xeito pasivo a situacións de inxustiza.

 

¿Como actuar en cada caso?

 

Coas persoas maltratadas:

 

Se sospeitades que o voso fillo ou a vosa filla está padecendo unha situación de maltrato, debedes ter calma e preguntarlle directamente sobre o que lle está sucedendo.

 

¿Que se debe facer?

 

       Axudarlle a que se tranquilice e darlle apoio e confianza.

 

       Preguntarlle onde se produce habitualmente o maltrato, quen está implicado, quen o viu, como actuou, se llo contou a alguén.

 

       Planificar conxuntamente estratexias para acabar con esta situación, por exemplo:

 

o        Instalo a que esquive o contacto coas persoas agresoras.

 

o        Que busque protección no círculo de amizades.

 

o        Que evite os lugares nos que se pode producir o maltrato.

 

       Axudarlle emocionalmente, facerlle ver que non ten culpa. Posiblemente estea nunha situación de pánico e non debe actuar arriscadamente nin de xeito violento.

 

       Dialogar constantemente con el ou con ela e procurar que teña máis seguridade e aumente a súa autoestima.

 

       Non hai que identificarse co sentimento de vitimización, é dicir, que o voso fillo ou filla poida pensar que tedes medo e preferides calar.

 

       Facerlle ver que, para solucionar o conflito, é necesario pedir axuda. Non pode continuar sufrindo en silencio.

 

       Unha vez vista a importancia e a gravidade do problema, informar ó centro e, en especial, ó titor ou titora da situación que se está producindo. Seguro que intentarán poñer remedio con medidas de acción positivas.

 

Non debedes utilizar a intimidación contra os maltratadores/as. Mantede un contacto estreito e continuado co centro escolar, levade un seguimento da situación e participade activamente na intervención que se planifique.

 

Coas persoas maltratadoras:

 

¿Que se debe facer?

 

       Mostrarlle que estades en contra do seu comportamento, pedirlle que abandone a súa conduta e que se poña no lugar da vítima. Estalle facendo dano e o abuso tampouco lle permite ser feliz.

 

       Ofrecerlle o voso apoio e a vosa confianza par que intente saír desta situación. Entender o por que dos seus comportamentos non é xustificalos.

 

       Preguntarlle onde se produce habitualmente o maltrato, cando ocorre, con que frecuencia, quen está implicado.

 

       Solicitarlle que rompa os seus vínculos con aquelas persoas que participan tamén en situacións de maltrato contra os semellantes.

 

       Establecer co voso fillo ou filla as correccións derivadas da súa conduta. Ensinarlle a asumir as súas responsabilidades. Recompensalo se vai cambiando de actitude.

 

       Unha vez valorada a importancia e a gravidade do problema, debedes informar ó titor ou titora da situación na que está o voso fillo ou filla. Debedes demandar axuda e consello.

 

       Manter un contacto estreito e continuado co centro escolar e participar activamente nas intervencións que se planifiquen.

 

Para evitar as condutas agresivas, debedes ter en conta que a familia proporciona os primeiros modelos de comportamento e é decisiva na aprendizaxe e no desenvolvemento de formas axeitadas de relación interpersoal. Por iso, debedes coidar o exemplo de relación familiar que estades a dar.

 

Coas persoas que son testemuñas:

 

¿Que se debe facer?

 

       Intentar, mediante o diálogo, que comprenda que o seu comportamento non é solidario; que sempre hai que axudar as persoas máis débiles.

 

       Pedirlle que abandone a súa conduta e que se poña no lugar da vítima.

 

       Instalo a que non cale e non ignore os efectos que produce a violencia exercida por alguén sobre outra persoa.

 

       Facerlle entender que, aínda que non participe directamente dos actos da agresión, está implicado moralmente, porque colabora a que eses feitos se sigan producindo.

 

       Axudarlle a contar os feitos ao profesorado do centro escolar. Isto non é "chivarse". Non pode existir, nestes casos, unha lei do silencio.

 


Para pensar

 

Dez ideas falsas sobre o maltrato:

 

1. Só son bromas, cousas de nenos e nenas, é mellor non meterse.

 

2. A vítima búscao, meréceo.

 

3. O maltrato forma parte do crecemento e imprime carácter.

 

4. A mellor maneira de defenderse é devolvela.

 

5. O maltrato é cousa de rapaces.

 

6. Só agriden as persoas que teñen problemas familiares ou que viven en ambientes marxinais.

 

7. As vítimas son persoas febles e débiles.

 

8. Cando dous pelexan máis vale non meterse e manterse nunha posición neutral.

 

9. As vítimas son persoas covardes.

 

10. Só a vítima precisa axuda.

 

                               (Adaptado de Collel e Escudé)


Algúns consellos para contribuír a educar fillos e fillas con personalidade equilibrada:

 

       Implicarse na súa educación, proporcionándolles modelos positivos: as persoas adultas somos espellos nos que se mira a rapazada.

 

       Falar cada día coas vosas fillas e fillos: o diálogo é a mellor forma de resolver as diferenzas e de afrontar os conflitos, tanto no ámbito familiar como fóra del.

 

       Darlles a oportunidade de construír novas amizades.

 

       Axudarlles a facer fronte aos problemas: é necesario ir incrementando de forma gradual a súa autonomía, a medida que se vai comprobando que son capaces de exercela correctamente.

 

       Ensinarlles a protexerse.

 

       Fomentar hábitos saudables: de hixiene, de sono, de alimentación equilibrada, de actividade física regular. Favorecer que teñan algunha  afección.

 

       Controlar o tempo libre e de lecer:  hai que vixiar que fan co seu tempo libre e de lecer, os contidos dos videoxogos e programas de televisión, o uso que fan de Internet...

 

       Definir unhas normas claras: poucas, as imprescindibles. Facelas cumprir. Explicar claramente o que está permitido e o que non, dando os argumentos necesarios.

 

       Implicarse na súa educación escolar: manter contactos regulares coa escola, asistir ás reunións que se convoquen, apoiar o centro e o profesorado.

 

       Adestrar a educación da vontade, potenciando valores como o tesón, o empeño, a firmeza e a disciplina persoal, como medios para conseguir o que nos propoñemos.

 

En suma, educar en valores de respecto e tolerancia: coidar o crecemento emocional para axudarlles a empatizar cos sentimentos dos demais. Educar para a tolerancia, adoptando un forte compromiso ante as condutas violentas, racistas, xenófobas, homófobas ou calquera outra discriminación que afecte á dignidade das persoas, e potenciar os valores positivos: a xustiza, a igualdade e a solidariedade entre as persoas.

MALTRATO ENTRE IGUAIS: MATERIAL PARA O PROFESORADO

Neste artigo expoñemos un resumo do material elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Maltrato entre iguais

(Programa de sensibilización sobre o   maltrato entre iguais)

 

(Resumo do programa elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia)

Material do profesorado

 

¿QUE É O MALTRATO ENTRE IGUAIS?

 

Características máis comúns do maltrato entre iguais:

 

      Unha conduta agresiva intencionada.

 

      Esa conduta é habitual, persistente e sistemática.

 

     Desequilibrio de forzas entre a vítima e a persoa que agride.

 

      Normalmente hai ausencia de provocación por parte da persoa agredida.

 

Maltrato é ...

 

      Cando un rapaz ou rapaza se mete habitualmente con outro insultándoo, burlándose, poñéndolle alcumes.

 

      Cando un grupo de alumnos/as lles din aos demais que non falen con outro rapaz  ou rapaz para que non teña amizades.

 

      Cando nos cambios de clase, nos servizos, no autobús ... hai un neno/a que "tropeza" sempre co mesmo compañeiro/a, lle atranca o paso cunha perna, poñendo o brazo ...

 

      Cando alguén abusa da súa forza, e atemoriza a un/unha ou máis compañeiros/as, ameazándoos se non fan o que quere: darlle o bocadillo, facerlles os deberes, deixarllos copiar ...

 

      Cando un grupo de nenos/as espera premeditadamente na saída da escola a alguén para abusar del.

 

Maltrato non é ...

 

      Insultar ocasionalmente no medio dunha rifa.

 

      Estar un día enfadado/a cun amigo/a ou con varios.

 

      Tropezar sen querer e berrar: ¡Aparta!"

       Copiar nos exames, alterar as clases con intervencións inadecuadas ...

 

      Enfrontamentos entre dúas pandas nunha cidade, ou de dúas aldeas ou parroquias achegadas.

 

Tipos máis comúns de maltrato:

 

      Físico:

o        Directo: empurróns, patadas, puñazos, agresións con obxectos ...

o        Indirecto: agachar cousas, cambiar de sitio, roubarlle cousas á vítima ..

 

       Verbal:

o        Directo: vocear, burlarse, insultar, poñer alcumes ...

o        Indirecto: falar mal ás súas costas, facer que oia de "casualidade", mensaxes ao móbil ...

 

         Relacional:

o        Directo: exclusión deliberada de actividades, impedir a súa participación...

o        Indirecto: deixar a vítima soa no patio, facer parellas ou grupos na clase sen contar con esa persoa...

 

Os catro vértices desta problemática

 

Son os seguintes:

 

       A persoa maltratada.

       A persoa que maltrata.

       Os compañeiros e compañeiras

       As persoas adultas.

 

A persoa maltratada:

 

Trazos de personalidade que adoitan ter as vítimas:

 

       Adoitan seren persoas psicoloxicamente débiles.

 

       Manifestan unha alta ansiedade e inseguridade.

 

       Posúen un carácter máis ben tímido.

 

       Teñen baixa autoestima.

 

       Non adoitan responder ás agresións, nin sequera de xeito verbal.

 

       Manifestan incapacidade para defenderse e teñen dificultade para solicitar axuda.

 

Características físicas que adoitan ter as vítimas:

 

       Poden ser en igual medida suxeitos de maltrato un rapaz ou unha rapaza.

 

       Case sempre son de menor fortaleza física que as persoas que agriden.

 

       Poden ter algunha particularidade (lentes, tartamudeo, obesidade, baixa estatura ..)

 

       Poden ter, así mesmo, unha aparencia diferente (pertencer a outra etnia, posuír outra cor de pel...)

 

Nas relacións sociais que establecen predominan estas particularidades:

 

       Son habitualmente suxeitos pouco aceptados polos demais.

 

       Non teñen verdadeiros amigos/as na clase e no colexio.

 

       Posúen pouco prestixio e escasa ascendencia no grupo.

 

       Adoitan ser as persoas menos populares da clase.

 

Unha vez xurdido o problema, a persoa maltratada pode presentar condutas tales como:

 

       Enfermidades, dolores e desculpas para non asistir ás clases.

 

       Problemas para durmir.

 

       Falta de apetito.

 

       Deterioración no rendemento escolar.

 

       Evitar saír ao patio de recreo ou andar por onde se produce con máis frecuencia o maltrato.

 

Hai vítimas que non se axustan a este modelo. Existe tamén a vítima activa e provocadora que, co seu comportamento, orixina tensións no contorno.

 

A persoa que maltrata:

 

Trazos de personalidade que adoitan ter:

 

       Manifestan un temperamento agresivo e impulsivo.

 

       Teñen unha forte necesidade de poder e dominio.

 

       Mostran con frecuencia problemas de autoestima.

 

       Os seus comportamentos manifestan falta de respecto polos demais.

 

       Carecen de empatía co que sente a vítima.

 

       Escaso control da ira e do enfado.

 

       Non manifestan sentimento de culpabilidade.

 

       Pouca conciencia moral sobre os seus actos.

 

       Dificultades para comunicar os seus sentimentos e afectos.

 

Características físicas que adoitan ter:

 

       Normalmente é do sexo masculino e adoita ter maior fortaleza que as vítimas.

 

Nas relacións sociais adoita:

 

       É extravertida.

 

       É sociable, pero excesivamente agresiva nas súas relacións.

 

       Goza de certa popularidade.

 

       Busca, regularmente, a complicidade doutras persoas.

 

       Ten dificultades de integración escolar.

 

       Establece relacións coas demais persoas baseadas no dominio, na superioridade e na prepotencia.

 

Os compañeiros e compañeiras:

 

Elementos antisociais:

 

       As persoas seguidoras.

       As persoas partidarias.

 

Elementos aparentemente neutrais:

 

       Observan a agresión, pero non fan nada.

 

Elementos prosociais:

 

       As posibles persoas defensoras.

       As persoas defensoras.

 

As persoas adultas:

 

       É necesario estar atentos. Non banalizar aquelas formas menos intensas de intimidación e maltrato.

 

       A maioría dos malos tratos deste tipo deben considerarse como un fenómeno de grupo.

 

       Tanto as vítimas como as persoas que maltratan mostran dificultades no seu desenvolvemento emocional.

 

       Unha parte dos casos supoñen actos de acoso sexual.

 

       Ademais das características sinaladas, hai outros factores que poden incidir neste tipo de condutas: contexto familiar, factores sociais e culturais, o ámbito escolar...

 

Os lugares máis frecuentes nos que se produce o maltrato:

 

       O patio de recreo.

       A propia aula.

       Os cambios de clase.

       Os aseos.

       O comedor escolar.

       Os exteriores do centro escolar.

       O camiño de ida e volta á casa.

 

As consecuencias do maltrato entre iguais:

 

Para a persoa maltratada:

 

       Imaxe negativa dun mesmo e baixa autoestima.

 

       Sentimentos de inseguridade, inferioridade e medo.

 

       Introversión, timidez e dificultade para as relacións interpersoais.

 

       Baixo rendemento escolar.

 

       Fobia á escola.

 

       Pode converterse nunha persoa que maltrate a outras persoas máis débiles.

       Ansiedade e problemas emocionais.

 

       En casos extremos, nas persoas de vitimización prolongada poden darse intentos de suicidio.

 

Para a persoa que maltrata:

 

       Baixo rendemento escolar.

 

       Provoca tensións na aula e no centro.

 

       Aprende a maltratar.

 

       Utiliza a intimidación como norma nas súas relacións.

 

       Utiliza a agresión como forma de recoñecemento social.

 

       Ten dificultades para sustentar relacións sociais entre iguais.

 

       Pode usar a agresividade noutras situacións.

 

       Pode ter dificultades na convivencia doméstica coa súa parella no futuro.

 

Para os compañeiros e compañeiras:

 

       Desensibilización cara á violencia entre iguais e ao sufrimento dos demais.

 

       Temor a seren, tamén vítimas, polo que buscan protección e intentan evitar situacións destas.

 

       Habitúanse a situacións de convivencia nas que a violencia e as formas de dominio/submisión rexen as relacións interpersoais.

 

       Aprenden a ser persoas colaboradoras pasivas nestas situacións, a non ser solidarias.

 

Como previr o maltrato:

O papel das persoas educadoras:

 

É necesario establecer canles de comunicación eficaces entre alumnado e profesorado, propiciar un clima de convivencia na clase ... en suma, a revisión constante da saúde socioafectiva do grupo.

 

Suxestións para axudar na prevención destas condutas:

 

       Fomentar unha boa relación interpersoal co alumnado.

 

       Actuación belixerante contra o maltrato.

 

       Intercambiar informacións co resto do profesorado.

 

       Formarse nesta temática do maltrato.

 

       Dotarse de recursos para traballar a diversidade na aula.

 

       Establecer protocolos conxuntos de actuación co resto do equipo educativo e no ámbito do centro.

 

Metodoloxía: a aprendizaxe cooperativa

 

Débense formar grupos na clase da forma máis heteroxénea posible. Pódense utilizar técnicas como os sociogramas para facelo.

 

Para abordar a temática do maltrato propóñense entre outras, as seguintes investigacións:

 

       Análise de casos de violencia entre rapazas e rapaces a través do que publican os medios durante un período de tempo.

 

       Perfís das persoas agresoras e agredidas nas noticias que se dan nos medios de comunicación.

 

       Estudo de situacións contrarias á convivencia.

 

       Propostas para mellorala e posibles medidas de corrección.

 

A educación emocional:

 

 É necesario educar na emoción e nos sentimentos. A intelixencia emocional refírese a habilidades como:

 

       Autocontrol.

 

       Sensibilidade para ter en conta os sentimentos dos demais.

 

       Autocoñecemento persoal.

 

       Establecemento de boas relacións interpersoais.

 

       Fomento de actitudes positivas e habilidades como saber escoitar, comunicar e interpretar os nosos sentimentos e os dos demais.

 

Traballo a prol da igualdade:

 

Na nosa sociedade hai varios colectivos especialmente vulnerables ao maltrato.

       as rapazas

       o alumnado con necesidades educativas especiais

       as minorías étnicas

 

Aspectos nos que hai que traballar para diminuír a desigualdade de xénero:

 

       Nos xogos e na utilización dos xoguetes.

       No uso dos espazos do centro.

       Nos refráns e chistes sexistas.

       No uso indebido do corpo da muller como obxecto na publicidade, na tv ...

       Na linguaxe: no uso do universal masculino e a invisibilidade das mulleres.

       No comportamento. Na expresión dos sentimentos.

       Na división sexual do traballo, especialmente na desvalorización do traballo doméstico.

       Nas expectativas profesionais.

       Nos proxectos de vida.

       No uso do tempo de ocio.

 

Habilidades na pescuda de axuda:

 

É importante a reflexión conxunta sobre esta temática do alumnado entre si, e do alumnado co profesorado.

 

Tamén é importante establecer no alumnado un nivel suficiente de autoestima.

 

Tamén hai que incidir na bondade do establecemento de redes de apoio.

 

Resulta interesante promover a figura da persoa mediadora.

 

O establecemento e o respecto das normas:

 

En educación é necesario o establecemento claro de límites. Deben participar tanto profesorado como alumnado no establecemento das normas.

 

Como detectar o maltrato

A técnica da observación:

 

       Uso de técnicas como o sociograma.

       Cuestionarios para o alumnado, profesorado e familias.

       Listas de revisión.

       Entrevistas persoais con diferentes alumnos e alumnas.

 

Compartir a información:

 

É importante a existencia de protocolos ou guías de actuación contra o maltrato entre iguais reflectidos nos documentos institucionais do centro.

 

Como actuar en caso de maltrato:

 

Ten que ser unha actuación conxunta.

 


 

No centro:

 

       Recollida no P.E.C. do centro de todos os aspectos relacionados co tema da convivencia.

 

       Introdución de temas de prevención da violencia nas programacións didácticas.

 

       A formación permanente do profesorado neste eido.

 

       Coordinación das intervencións educativas e sociais coas administracións competentes, así como as actuacións das familias no seu propio ámbito.

 

       Participación de todos os sectores da comunidade educativa na elaboración, aprobación e aplicación dos plans e proxectos de prevención.

 

       Organización de forma detallada da supervisión e vixilancia no centro docente.

 

       Establecemento de normas claras, consensuadas por toda a comunidade educativa, que sexan eficaces para regular a convivencia.

 

       Potenciación da acción titorial como un labor compartido.

 

       Elaboración dun protocolo de intervención que permita que todo o persoal do centro coñeza o procedemento.

 

Na aula:

 

O tratamento destes temas na aula deben incluír contidos conceptuais, de procedemento e de actitudes. Estratexias metodolóxicas e didácticas a aplicar:

 

       Fomentar unha boa relación interpersoal co alumnado.

 

       Actitude belixerante contra o maltrato.

 

       Intercambiar información co resto do profesorado.

 

       Formarse nesta temática.

 

       Dotarse de recursos para traballar a diversidade na aula.

 

       Dar un tratamento transversal aos tema de prevención da violencia e do maltrato entre iguais.

 

       Potenciar o desenvolvemento de habilidades individuais e sociais como estratexias que melloran as relacións.

 

       Axudar ao alumnado para que:

o        Atope solucións propias.

o        Analice cada unha das solucións.

o        Saiba relacionar as causas coas posibles solucións.

o        Se dea de conta de que un mesmo conflito pode ter máis dunha solución.

o        Valore as solucións adoptadas como xustas.

o        Colabore no establecemento de normas e regras.

         

       Adoptar, preferentemente, unha metodoloxía didáctica cooperativa e participativa.

 

       Potenciar a ensinanza de valores como a tolerancia, o respecto á diversidade, á diferenza de xénero e á dignidade humana.

 

       Procurar a participación do alumnado na resolución de cada conflito.

 

       Ter como obxectivo non só a resolución dun conflito concreto, senón a aprendizaxe da súa resolución.

 

       Propiciar momentos no horario para a realización de actividades que dean continuidade ao traballo de prevención.

 

       Non esperar que todos os conflitos se solucionen ben desde o principio.

 

       Manter unha actitude de escoita atenta e de compromiso coas situacións que se produzan.

 

TRABALLOS DE NADAL

TRABALLOS DE NADAL

Aquí está outro exemplo dos traballos feitos no Nadal para decorar os corredores do Colexio.

DECORANDO O COLEXIO NO NADAL

DECORANDO O COLEXIO NO NADAL

Nesta imaxe aparece un dos moitos traballos que decoraron o colexio durante este Nadal 2006

FESTIVAL DE NADAL

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 21 de decembro celebrouse o Festival de Nadal no Auditorio Reveriano Soutullo. Alí houbo actuacións do alumnado do Colexio moi variadas e que acadaron un notable éxito.

Na imaxe, un momento do Festival.

¡¡¡BO NADAL!!!

¡¡¡BO NADAL!!!

O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" deséxavos a todos e todas que teñades unhas boas festas de Nadal e que o ano 2007 sexa polo menos tan bo como este 2006.

TRABALLOS DE NADAL

TRABALLOS DE NADAL

Esta árbore decora unha das portas dunha aula do colexio.

TRABALLOS DE NADAL

TRABALLOS DE NADAL

Nesta imaxe aparece un dos traballos que decoran as paredes do Colexio neste Nadal.